Normativa galicia

De WiChiron

Saltar a navegación, buscar

Contenido

Normativa Galicia

Xeral

Educación Secundaria Obrigatoria

ENSINANZAS MÍNIMAS: Real Decreto 1631/2006, de 29 de decembro, (BOE do 5 de xaneiro de 2007).
CURRÍCULO: Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG do 13).
Anexo I: Competencias básicas.
Anexo II: Currículo das materias.
Introdución.
Ciencias da natureza.
Ciencias sociais, xeografía e historia.
Educación para a cidadanía.
Educación plástica e visual.
Música.
Lingua galega e literatura.
Lingua castelá e literatura.
Lingua estranxeira.
Segunda lingua estranxeira.
Matemáticas.
Tecnoloxías.
Informática.
Educación física.
Latín.
Historia e cultura das relixións.
Cultura clásica.
Obradoiro de iniciativas emprendedoras.
Proxecto interdisciplinar.
Anexo III: Cadro de distribución horaria.
Anexo IV: Relación de materias con especialidades do profesorado.
Anexo V: Proxecto lector do centro.
Anexo VI: Plan de integración das tecnoloxías da información e a comunicación.
MODIFICACIÓN DO DECRETO 133/2007: Disposición derrogatoria incluída no Decreto 126/2008, do 19 de xuño, (DOG do 23 de xuño).
PROGRAMAS DE DIVERSIFICACIÓN CURRICULAR: Orde do 30 de xullo de 2007, pola que se regulan os programas de diversificación curricular na educación secundaria obrigatoria. (DOG do 21 de agosto).
IMPLANTACIÓN: Orde do 6 de setembro de 2007 pola que se desenvolve a implantación da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 12).
AVALIACIÓN: Orde do 21 de decembro de 2007 pola que se regula a avaliación na educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG do 7 de xaneiro de 2008).
CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 21 de decembro de 2007 pola que se regula a avaliación na educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG do 8 de febreiro de 2008).
MODIFICACIÓN DA ORDE DE AVALIACIÓN: Orde do 23 de xuño de 2008 pola que se modifica a do 21 de decembro de 2007 pola que se regula a avaliación na educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG do 24 de xuño de 2008).

Bacharelatos

ENSINANZAS MÍNIMAS: Real Decreto 1467/2007, de 2 de novembro, polo que se establece a estructura do bacharelato e se fixan as ensinanzas mínimas.
Corrección de erros.
CURRÍCULO: Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG do 23 de xuño).
Anexo I: Currículo das distintas materias.
Introdución. Materias do bacharelato.
Ciencias para o mundo contemporáneo.
Educación física.
Filosofía e cidadanía.
Historia de España.
Historia da filosofía.
Lingua galega e literatura I e II.
Lingua Castelá e literatura I e II.
Lingua estranxeira I e II.
Análise musical I e II.
Anatomía aplicada.
Artes escénicas.
Cultura audiovisual.
Debuxo artístico I e II.
Debuxo técnico I e II.
Deseño.
Historia da arte.
Historia da música e da danza.
Linguaxe e práctica musical.
Literatura universal.
Técnicas de expresión gráfico-plástica.
Volume.
Bioloxía.
Bioloxía e xeoloxía.
Ciencias da Terra e ambientais.
Electrotécnia.
Física.
Física e química.
Matemáticas I e II.
Química.
Tecnoloxía industrial I e II.
Economía.
Economía de empresa.
Grego I e II.
Historia do mundo contemporáneo.
Latín I e II.
Matemáticas aplicadas ás ciencias sociais I e II.
Xeografía.
Anexo II: Distribución horaria.
CURRÍCULO DAS MATERIAS OPTATIVAS: Orde do 25 de xuño de 2008 pola que se establece a relación de materias optativas do bacharelato, o seu currículo e se regula a súa oferta. (DOG do 27 de xuño).
Anexo: Currículo das materias optativas.
Antropoloxía.
Ética e filosofía do dereito.
Filosofía da ciencia e tecnoloxía.
Métodos estatísticos e numéricos.
Música. Expresión vocal.
Segunda lingua extranxeira.
Tecnoloxías da información e da comunicación.
Xeografía e historia de Galicia.
ORGANIZACIÓN DO CURRÍCULO: Orde do 24 de xuño de 2008 pola que se desenvolve a organización e o currículo das ensinanzas de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG do 27 de xuño).

Admisión do alumnado

Decreto 30/2007, do 15 de marzo, polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG do 16 de marzo).
Orde do 17 de marzo de 2007 pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado no segundo ciclo de ducación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos. (DOG do 19 marzo).
Orde do 5 de xuño de 2007 pola que se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos para impartir ciclos formativos de formación profesional de graos medio e superior en réxime ordinario e para as persoas adultas. (DOG do 15 de xuño).
Probas de acceso a ciclos formativos:
Orde do 1 de abril de 2002 pola que se regulan as probas de acceso ós ciclos formativos de formación profesional específica. (DOG do 12 de abril).
Orde do 30 de xaneiro de 2007 pola que se modifica a do 1 de abril de 2002, pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional específica. (DOG do 15 de febreiro).

Selectividad

Manual para o profesor

Os itinerarios na ESO e no Bacharelato

A lei establece a posibilidade de que os centros organicen, tanto para ESO como para Bacharelato, unha organización por itinerarios.
Esta organización, en calquera caso, debe facerse consonte á normativa de base que estructura, no caso de Bacharelato, os 4 grandes tipos de Bacharelato coas súas materias de modalidade e as súas optativas.
Os itinerarios e a súa estructura sóense adoptar polos organismos institucionais pertinentes do centro, a saber, CCP e/ou Claustro de Profesores, aínda que específicamente a lei non alude a ningún órgano en concreto, podendo, na práctica, tomarse unilateralmente polo equipo directivo, aínda que plantexa moitas dúbidas, por canto non son oídos os departamentos nin os claustrais.
En calquera caso, pódese presentar recurso de alzada ante unha decisión de tal calado por parte do equipo directivo, e asemade, solicitar por escrito a explicación dos criterios de adopción de tales itinerarios, e en caso de consideralos lesivos en todo ou en parte, solicitar da Delegación Provincial a súa anulación.
O establecemento dos itinerarios non é fixo. Cada curso académico o centro pode modificar eses itinerarios segundo a súa marcha e os recursos do centro. Os Xefes de Departamento, en CCP (ou o profesor en claustro)
Calquera materia de modalidade debe ser ofertada como optativa aos alumnos doutros itinerarios que non posúan estas materias, e así debe recollerse na documentación da matrícula do alumno.

O sobre de matrícula

Do mesmo xeito, o sobre de matrícula debe informar con claridade das opcións para cursar optativas na ESO, e a obrigatoriedade de que Cultura Clásica se oferte tanto en 3º como en 4º da ESO, xunto co Latín.
Polo tanto, a documentación externa e interna da matrícula debe especificar claramente todas as opcións que a lei ofrece para o alumnado. De non ser así, estaríase vulnerando a lexislación vixente e o profesor afectado pode proceder a solicitar a impugnación do proceso de matrícula.

A ter en conta

Os Xefes de Depto deben ter en conta que:

Oferta de optativas e número de alumnos por materia

A oferta práctica de optativas depende en boa medida da conformación dos horarios e agrupamentos que o equipo directivo leva a cabo no mes de setembro. A elaboración dos horarios é competencia exclusiva dos equipos directivos e a eles corresponde axustala á infraestructura e ordenamento do centro.
Os xefes de Departamento poden solicitar en todo momento información puntual sobre o estado da matrícula e a ordenación de grupos e horarios das materias do seu departamento, tanto oralmente como por escrito, e poden facer constar dita información no libro de actas do Departamento.
Os equipos directivos teñen a obriga de informar á Delegación do número de alumnos por materia segundo a orde vixente e solicitar a impartición da materia ante a Delegación segundo o ratio que a Consellería estableza. En caso contrario, esta pode interrumpir as clases da mesma unha vez iniciado o curso se se constata o incumprimento desta orde.
A aprobación ou denegación da impartición da materia é exclusiva da Delegación Provincial, ao igual que a solicitude dos equipos directivos. Esta non pasa por Inspección Educativa, que só ao remate do proceso é informada dos horarios do curso e as materias a impartir.
O Xefe de Departamento e o profesor que imparte dita materia poden solicitar ao equipo directivo copia da solicitude e da resposta da Delegación, e presentar recurso de alzada en caso de que non se lle proporcionen ou non estar dacordo coa decisión da Consellería.
Latín e grego materias de modalidade
O feito de que latín e grego sexan materias de modalidade e asemade, vencelladas á selectividade fai que estas materias teñan status especial en canto á ratio esixida, como así de pon de manifesto a propia orde da Consellería e se poidan impartir, na práctica, con un único alumno, previa solicitude do equipo directivo á Delegación no momento de elaborar os horarios.

O caso da ESO

O caso da ESO é completamente diferente.
Se hai menos de 5 alumnos matriculados, os centros están teóricamente inhabilitados para pedir solicitude de grupo, que en todo caso, é automáticamente denegada.
Entre 5 e 10 é preceptiva a solicitude de autorización para impartimento, que soe darse de forma automática, se hai disponibilidade de profesorado no centro.

En calquera caso ...

A Delegación ten admitido cursar optativas en ESO e Bacharelato sin número axeitado de alumnos, ou optativas nas que o equipo directivo non solicitou a correspondiente autorización, tras a protesta de pais de alumnos, en casos concretos como o do IES Agra de Orzán. Este é un precedente que demostra a arbitrariedade da propia administración ante a concesión de solicitudes,e pode e debe ser alegado en caso de recursos de alzada e/ou reclamacións do profesorado e os departamentos afectados.
O centro pode ofertar unha optativa propia na ESO. O Departamento correspondente debe redactar un proxecto curricular que deberá ser aprobado por CCP, Claustro e Consello Escolar, e posteriormente, deberá contar co visto e prace da Inspección antes de proceder á aprobación por parte da Consellería. En caso de dispoñer de poucas horas de docencia, esta é unha forma de proceder a afianzar o horario do profesorado afectado. O ideal sería contar para elo co apoio do equipo directivo, para convencer ao servicio de inspección.
A decisión de suprimir prazas por escasez horaria ou outros elementos é competencia exclusiva do servicio de inspección, quen realiza o informe correspondente que se remite ao Servizo de Persoal. En teoría, dita supresión debería de ter en conta a opinión do equipo directivo e do departamento afectado. Estos poden presentar en todo momento reclamación ante a Delegación Provincial de Educación e asemade, Recurso de Alzada cando a decisión fora formalizada e se percibira gravemente lesiva e/ou discriminatoria para o profesorado afectado pola supresión ou amortización dunha praza.


5 de maio de 2009

Herramientas personales
Espacios de nombres
Variantes
Acciones
Navegación
Herramientas