Pipiatio Classica

Desde Chiron sempre apoiamos o método directo para o ensino das linguas clásicas. Desde que Comenio animara xa no seu día a afastarse dun ensino excesivamente gramatical, métodos como o LLPSI de Ørberg, o Neno Grego de Rouse, ou o Athenaze, son desde hai uns (poucos) anos cada vez máis frecuentes nas nosas aulas.

Hoxe máis que nunca debemos tratar ás nosas linguas como o que son, algo vivo, para usalas, para tocalas, para falalas. Ante ese negro panorama que nos presenta a lei Wert, queremos sacar ao latín e ao grego á palestra, mostralos na rede tal e como son, afastados do rudo academicismo das aulas, linguas vivas listas para usar, instrumentos para comunicarnos. E farémolo desde a plataforma que nos brindan as redes sociais. Así que animamos a todos os alumnos e profesores clásicos que o desexen a participar na Pipiatio Classica, en Twitter, que terá lugar o xoves 15 de novembro, onde os idiomas empregados serán o latín e o grego.

Preséntate, coñece xente, aprende a expresarte en latín e en grego. Permitidos os erros e incorreccións gramaticais! Aprendamos entre todos! Engade aos teus tuits o hashtag #pipiatioclassica para poder seguir o evento desde aquí.

Animamos tamén a todas a institucións ou asociacións ligadas ao Mundo Clásico a que participen no mesmo e lle dean a difusión oportuna entre os seus membros.

Pon o logo no teu blog inserindo este código HTML:

<a href="http://storify.com/chiron/pipiatio-classica" target="_blank"><img title="pipiatio classica" src="http://www.chironweb.org/wp-content/uploads/logopipiatio1.png" alt="pipiatio classica" width="200" border="0" hspace="0" vspace="0" /></a>

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.