O anteproxecto da LOMCE e as Humanidades

¡Firma para que a LOMCE non elimine as Humanidades!

Tras a lectura do Anteproxecto da L.O.M.C.E. aprobado o 21-9-12 polo Consello de Ministros, un grupo de Profesores de Latín e Grego constatamos que, obxectivamente, supón un grave prexuízo para as materias de Humanidades:

1. A Cultura Clásica de 3º / 4º de E.S.O. non aparece mencionada entre as materias optativas.

2. O Latín mantense, máis ou menos, como na L.O.E.

  • 4º ESO (no curso de Iniciación ao Bacharelato, para os alumnos que irían despois ao Bacharelato de Humanidades ou Ciencias Sociais): Latín ou Bioloxía e Xeoloxía.
  • 1º e 2º de Bacharelato: Latín I e Latín II: materia específica da modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais, para a vía de Humanidades.

3. O Grego queda relegado á categoría de materia optativa de oferta non obrigada para o Bacharelato de Humanidades.

4. Tampouco aparecen as materias que propuñamos moitos profesores de Latín e Grego: «Referentes clásicos» para os alumnos de Humanidades e «Fundamentos léxicos» para todos os alumnos de Bacharelato.

Ante esta situación, pedimos a colaboración de intelectuais e persoas relacionadas co mundo da cultura para que se lean e oian voces nos medios de comunicación, pois a drástica diminución das materias de Humanidades no anteproxecto da L.O.M.C.E. van supor unha perda irreparable para a nosa sociedade. Se isto non se modifica, dentro de non moito tempo terase perdido o rico legado da lingua e a cultura gregas, con todo o que iso supón de empobrecemento para a bagaxe cultural das futuras xeracións.

A Cultura Clásica é unha materia imprescindible no currículo da ESO. Contribúe á adquisición das competencias básicas, pois permite mellorar a expresión oral e escrita, fomenta a adquisición de vocabulario, a comprensión e valoración do patrimonio artístico e cultural, a comprensión do mundo actual e o respecto a outras culturas e a outras formas de pensar. E o estudo da mitoloxía grecorromana é fundamental para entender o contido de numerosas obras artísticas e literarias, así como o significado de multitude de aspectos da vida cotiá.

O estudo e aprendizaxe do Grego, do mesmo xeito que o do Latín, ofrece unha formación sólida e completa, xa que abarca aspectos culturais, históricos, artísticos, lingüísticos, literarios e de vocabulario relacionados estreitamente con outras materias e co mundo en que vivimos; facilita, así mesmo, a aprendizaxe de linguas modernas; ademais proporciona a capacidade de razoar con lóxica, así como unha estrutura mental que resulta moi útil para afrontar e resolver problemas nas diferentes situacións da vida.

Propomos as seguintes modificacións ao anteproxecto de lei:

1º- Que a Cultura Clásica sexa materia optativa en 3º e 4º de ESO para todos os alumnos.
2º- Que o Latín sexa materia obrigatoria para todos os alumnos de 4º de ESO.
3º- Que o Grego e o Latín sexan materias obrigatorias na modalidade de Humanidades, tanto en 1º como en 2º curso.

Ademais, consideramos imprescindible un pacto de Estado en Educación que faga posible que as leis educativas teñan unha base sólida e estable de consenso, e só se modifiquen os aspectos concretos que, tras unha avaliación rigorosa, sexan mellorables.

Grupo Somos de Clásicas 

Nota: Se queres unirte ao grupo ou enviarnos información, podes escribir un correo a somosdeclasicas@gmail.com

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.