A defensa dos Estudos Clásicos na Comunidade Valenciana

Na Comunidade Valenciana existen varias asociacións que aglutinan docentes de clásicas. Dende a SEEC, que ten dúas seccións (unha para Castellón e Valencia; outra para Alicante);Prósopon, que se encarga dos festivais de teatro grecolatino que se celebran anualmente en Sagunt; Ludere et discere, que aglutina aos docentes de clásicas implicados nos talleres de Cultura Clásica dos Ludi Saguntini e que hai pouco viron reflectido o seu esforzo na creación da aula permanente da Domus Baebia Saguntina; ademais dunha asesoría de clásicas do CEFIRE moi activa que proporciona formación permanente aos docentes de clásicas e que sirve de ponte de comunicación entre eles.

Coa precipitada publicación por parte das universidades dun primeiro documento sobre as ponderacións para a nova selectividade, dende a rede lanzouse a voz de alarma e algúns docentes comezaron a organizarse elaborando un manifesto e solicitando ás distintas organizacións que cobraran protagonismo para frenar as desastrosas consecuencias que podía ter ese documento para as nosas materias.
Representantes da sección de Castellón e Valencia da SEEC comezaron a realizar xestiónsnese sentido e o documento foi modificado (tamén pola presión doutras especialidades), aínda que o dano xa estaba feito en moitos centros educativos, pois a orientación aos estudantes baseouse nese primeiro documento que restrinxía moitísimo as opcións para o latín e o grego, ao baremalas coa ponderación de 0,1 en moitas titulacións.
Considerando que era necesaria unha resposta unánime de todos os docentes de clásicas que puidese actuar como apoio a calquera negociación, da SEEC o doutras asociacións, e que puidese ser parte nas negociacións coas administracións, decidiuse organizar unha Plataforma en defensa do grego e do latín onde os docentes se unen a título individual a esta loita e dende onde se informa das actuacións que se van levando a cabo.
Dende esta plataforma inténtase alertar a todos os docentes de clásicas da Comunidade Valenciana da situación, para que a orientación que se proporciona aos estudantes non se falsee e se aproveite a situación para eliminar grupos, vías e prazas. Desafortunadamente a situación de confusión creada polos documentos publicados polas universidades foi aproveitada nalgúns casos para desviar aos estudantes a outras vías de estudo onde houbese algunha ou algunhas materias ponderadas ao 0,2, con argumentos como «as linguas clásicas no che servirán de nada«, «se nen sequera a universidade cre que teñen valor preferente ou equiparable a outras asignaturas…»
Para este curso no que se pon en marcha a nova selectividade, todas as materias de modalidade puntúan 0,2 na fase de mérito para case todas as carreiras. O problema é para o vindeiro curso, no que de novo desaparece a valoración de mérito (0,2) nalgunhas carreiras que tradicionalmente estiveron vinculadas ás nosas materias, como Dereito ou Periodismo.
Representantes da Plataforma levaron a cabo entrevistas cos decanos das facultades de Filoloxía, Historia e Dereito da Universidade de Valencia para informarles da situación e solicitarlles que exerzan presión nos foros pertinentes para que a valoración prevista a partires do vindeiro curso contemple, entre outras cousas, unha ponderación de 0,2 para as carreiras que se cursan nas súas facultades.
Continuamos necesitando o apoio de moitos máis profesores de clásicas para poder respaldar aos compañeiros que seguen coas xestións perante as universidades.
Tempos un curso por diante, a loita continúa.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.