azul naranja verde

Praeterita

Clàssics a la romana finalista ao IV Premio TIC da Fundació Impuls

Con algo de retraso unímonos ás felicitacións ao blog Clàssics a la romana por atoparse entre os dez finalistas ao IV Premio TIC y de innovación educativa concedido pola Fundació Impuls. O galardón recoñece a labor dos docentes en experiencias de integración das tecnoloxías da información e da comunicación na aula. Nesta edición foron máis de 700 as propostas presentadas por centros educativos de toda España.

O magnífico traballo que realizan Montse Dalmau e Majka Llibre cos seus alumnos do IES Vil·la Romana (La Garriga, Barcelona) xa foi merecedor do Primeiro premio Espiral 09 na categoría de blogs de aula como recollemos no seu momento.

A nosa noraboa por continuar sendo un exemplo para moitos compañeiros interesados en integrar o uso da rede na súa práctica docente.

Foto.

A rede Social de Chiron en NING, punto de encontro para Clásicas

A rede social Chiron é un espazo de encontro para as persoas interesadas na cultura e linguas clásicas, en especial profesores e alumnos, un lugar que favorece a participación, o debate, a cooperación e o traballo colaborativo por distantes que se encontren, que permite aos usuarios interactuar, compartir experiencias, manter o contacto, e que ofrece numerosas posibilidades educativas.
Na Rede Social Chiron en Ning encontramos diversos apartados, como se mostra nesta presentación:

Sen dúbida o maior interese desta Rede Social son os grupos, nos que podemos participar, debater, aportar  cousas...


De momento dentro da Rede Social Chiron existen estes grupos:

•    ¿Cómo funciona esto?  Grupo para aprender sobre as redes sociais e o seu funcionamento, en especial sobre esta rede. Creado para que novatos e menos novatos nos axudemos a sacar máis partido deste espazo.
•    Cooperación. Grupo para difundir e compartir iniciativas de defensa das clásicas nas Comunidades Autónomas, nos centros, nas Universidades...  Estamos nun momento crítico e é hora de sumar esforzos.
•    Didáctica das Linguas Clásicas. Grupo para compartir e discutir propostas e metodoloxías didácticas.
•    Formación do profesorado e axuda coas TIC. Lugar para a axuda e difusión das TIC no ámbito do ensino das nosas materias en secundaria, bacharelato e universidade.
•    La Cocina Grupo de análise e difusión das TIC e o seu mantemento en Chironweb.
•    La sonrisa de Chiron. Espazo para o encontro distendido, as anéctodas, o humor.

Para participar nesta Rede non existen máis normas que as do sentido común e o respecto mutuo. Podes consultar a Guía de uso.
Tambén podes unirte a Chiron en Facebook.

Chiron en Compostela. Didáctica 2.0 para las lenguas y la cultura clásicas

portada_chiron_compostela.png

Chiron·Χείρων presenta o último número de Cuadernos de literatura griega y latina, a revista da Sección Galega da SEEC, co título Chiron en Compostela. Didáctica 2.0 para las lenguas y la cultura clásicas. Trátase dun monográfico dedicado á aplicación educativa da Web 2.0 nos estudos clásicos. O volume, concebido a raíz do curso “Chiron 2.0: clásicas na aula” realizado en Santiago de Compostela (2008-2009), ofrece os siguientes artigos:

  • “Chiron: estudios clásicos en la web 2.0” por Sebastià Giralt,
  • “La mochila clásica” por Carlos Cabanillas,
  • “Taller de blogs” por Luis Inclán e Sergi Ferrús,
  • “Wikis, páginas web rápidas” por Ana Ovando e José M. Ciordia,
  • “Aulas virtuales” por Olga Díez e Álvaro P. Vilariño.

Todas as contribucións, escritas por membros de Chiron·Χείρων, pretenden conciliar a información técnica coa reflexión didáctica, sen alonxarse dunha orientación fundamentalmente práctica, de modo que sirvan de axuda ao profesorado que desexe introducirse ou profundizar no uso das TIC nas materias de clásicas.

O volume pódese descargar gratis en formato PDF dende el sitio web de la Sección Galega da SEEC. Tamén é posible adquirir un exemplar en papel na editorial en líña Bubok.

Distribuir contido