Quen somos

Un grupo de traballo colaborativo formado por profesores de clásicas de varios puntos do Estado, constituído recentemente en asociación sen ánimo de lucro ao amparo da Lei Orgánica 1/2002, denominada Asociación Chiron.

Un pouco de historia

Era un 27 de xaneiro de 2006 cando Carlos Cabanillas lanzaba unha proposta aos docentes de clásicas dende a súa bitácora: posto que un bo número de profesores están desenvolvendo materiais accesibles dende Internet, por que non deseñar un proxecto común que una todos eses esforzos? Foi rápida a resposta a esta proposta por parte dalgúns compañeiros, mentres que outros se foron sumando posteriormente: Sebastià GiraltAna OvandoLuis InclánOlga DíezÁlvaro Pérez VilariñoSergi FerrúsJuanvi Santa IsabelJosé M. CiordiaFernando Lillo, Manuel López, Ángel Luis GallegoMargalida CapellàMertxu Ovejas e Rodrigo Portela.

Como de traballar na rede se trataba, algúns fomos respondendo e expoñendo os nosos puntos de vista nun documento colaborativo en liña. O que parecía ciencia ficción converteuse aos poucos en realidade: profesores de clásicas, moi afastados xeograficamente, que non se coñecen persoalmente… traballando xuntos nun proxecto común. Soa a utopía, e aínda o é. Porque este é un proxecto que se constrúe entre todos, día a día, con moita ilusión e esforzo.

Este punto de encontro será a porta a todos aqueles recursos que nos permitan achegarnos ao mundo clásico: bitácoras, actividades, utilidades, ferramentas, novidades, cursos, etc.

Trátase dun proxecto activo, dinámico, que se transforma día a día gracias ás aportacións de todos e cada un.

Traballamos dentro dunha filosofía colaborativa, o que significa que o noso labor é producto dun colectivo, no que todos temos cabida.

Por iso, este portal será todo o grande e importante que entre todos queiramos que sexa, porque crecerá coas nosas aportacións, as túas, as de todos.

Formación do profesorado

Presentamos a nosa experiencia como modelo para formar grupos de traballo colaborativo de profesores. Participamos na formación ao profesorado na aplicación práctica das TIC na aula, coa impartición de talleres específicos para a integración das mesmas na didáctica das linguas clásicas.

Páxina web

Deseño: tema Twenty Eleven para WordPress modificado por Χείρων·Chiron. Aloxamento: CDMon. Imaxe de cabeceira: photocase.com. As nosas estatísticas: StatCounter. Intentamos cumprir os estándares W3C XHTML 1.1 e W3C CSS 2. Así foi cambiando a nosa páxina ao longo dos anos (máis en Intenet Archive):

Página de inicio Página de inicio Página de inicio Página de inicio

Unha reflexión sobre “Quen somos

  1. Pingback: Saluda a los Dioses, Hermes | El latinista irredento