Quen somos
Formación do profesorado
Un pouco de historia
Como de traballar na rede se trataba, algúns fomos respondendo e expoñendo os nosos puntos de vista nun documento colaborativo en liña.
O que parecía ciencia ficción converteuse aos poucos en realidade: profesores de clásicas, moi afastados xeograficamente, que non se coñecen persoalmente… traballando xuntos nun proxecto común. Soa a utopía, e aínda o é.
Porque este é un proxecto que se constrúe entre todos, día a día, con moita ilusión e esforzo.
Este punto de encontro será a porta a todos aqueles recursos que nos permitan achegarnos ao mundo clásico: bitácoras, actividades, utilidades, ferramentas, novidades, cursos, etc.
Trátase dun proxecto activo, dinámico, que se transforma día a día gracias ás aportacións de todos e cada un.
Traballamos dentro dunha filosofía colaborativa, o que significa que o noso labor é producto dun colectivo, no que todos temos cabida.
Por iso, este portal será todo o grande e importante que entre todos queiramos que sexa, porque crecerá coas nosas aportacións, as túas, as de todos.
A liña do tempo
Páxina web
Deseño: Χείρων·Chiron, a partires do tema chameleon para Drupal. Aloxamento: CDMon. Imaxe de cabeceira: photocase.com. As nosas estatísticas: StatCounter. Intentamos cumprir os estándares W3C XHTML 1.1 e W3C CSS 2.





