azul naranja verde

Guía rápida

Planeta clásico

O Planeta de blogs é unha primeira aproximación á blogosfera clásica. Aquí podes ler os artigos dos blogs de temáticas clásicas que temos sindicados, e podes engadir o teu propio blog. envíanos unha mensaxe. RSS

Wiki de recursos clásicos

A wiki de recursos clásicos é un espacio colaborativo onde tratamos de clasificar os recursos que internet ofrece en torno ás linguas e cultura clásica. RSS

Marcador social

Como complemento ao wiki de recursos o marcador social recompila enlaces brevemente descritos e clasificados con etiquetas. Instruccións (PDF). RSS

Reseñas bibliográficas

Pergamon é o blog de reseñas bibliográficas: libros científicos, de divulgación, didácticos e material audiovisual sobre o mundo clásico. Podes colaborar como reseñador dándote de alta. RSS

Galería de imaxes

A galería de imaxes en torno ao mundo clásico aproveita as posibilidades que a rede ofrece para o almacenamento e a difusión de imaxes. Con esta intención ofrecemos a nosa galería de imaxes en torno ao mundo clásico. Instruccións (PDF). RSS

Vídeos

Na galería de vídeos podemos atopar material diverso relacionado coas nosas materias. Aporta os teus propios vídeos e desfruta dos que xa hai nesta galería. Instruccións (PDF). RSS

Presentacións

O uso das presentacións nas nosas clases é cada vez maior, por iso reunimos as que nos parecen interesantes nesta galería. Podes contribuír coas que elabores ou utilizar as que xa están dispoñibles. Instruccións (PDF). RSS

Aula Virtual

Os cursos que ofrecemos pretenden contribuír á formación do profesorado de clásicas nos recursos dixitais. Os cursos están xestionados coa plataforma Moodle.

Calendario

O calendario recolle os eventos relacionados coa actualidade clásica para que non chos perdas. Se queres dalos a coñecer fainos chegar a información. Envíanos unha mensaxe. RSS

Foro

No foro os usuarios interactúan á vista de todos, consultando as súas dúbidas ou facendo suxerencias. RSS

Chat

O chat dispoñible para uso de todos, mesmo para convocar alí calquera reunión. Os habituais xuntámonos todos os xoves dende as 22 horas en adiante.