Atando nós para crear redes
Entre os obxectivos de Chiron atópase o de facilitar espazos de encontro para os profesores de clásicas interesados por integrar as TIC na súa práctica docente. Por experiencia sabemos que traballar en colaboración é unha das propostas máis motivadoras e que mellores resultados proporciona tanto a profesores como a estudantes. Por iso, aproveitando que aínda temos moito verán por diante lanzamos esta idea:
Imaxinas aos teus alumnos escribindo nun blog colectivo con estudantes doutros centros? Imaxinas compartir unha wiki con estudantes de diferentes puntos xeográficos sobre tema clásico (léxico, mitoloxía, historia, arte, etc)? Imaxinas aos teus alumnos plantexando actividades, retos, enigmas... para que os resolvan outros compañeiros dende outros centros? Imaxinas aos teus alumnos corrixindo a estudantes doutros sitios? Imaxinas preguntas dos teus alumnos que outros estudantes responden nos seus blogs? Imaxinas que as aulas perden as súas paredes físicas para converterse en aulas virtuais?
Se cres que paga a pena intentar esta aventura, por que non te pasas polo foro de Chiron para deixar a túa proposta? Seguro que hai outros compañeiros esperando participar contigo nun proxecto colaborativo.






Enviar un comentario novo