azul naranja verde

Clásicos en "Internet en el aula"

Os días 26, 27 e 28 de xuño celébrase a parte presencial do Congreso "Internet en el aula" en catro sés de forma simultánea e preséntanse varios proxectos relacionados coas clásicas.

Na sé de Santander, a sesión do sábado ás 10 da mañá adícase completamente a comunicacións sobre as nosas materias.

Destacamos en primeiro lugar a contribución sobre Chiron, o proxecto colaborativo de clásicas que reúne diversos servizos 2.0 de utilidade para docentes. Ilustres integrantes deste proxecto explicarán os pormenores da súa xestación, organización e servizos activos.

Ademais de Chiron, preséntanse outros proxectos moi interesantes relacionados coas clásicas, como o de "2000 años por correo", no que participan alumnos de catro centros de distintas comunidades autónomas sobre a romanización da nosa península a través das voces de catro personaxes.

Tamén está prevista a presentación do traballo que realiza Álvaro Pérez Vilariño para as súas clases de latín usando a plataforma moodle.

Na sé de Granada, Meli San Martín presenta a experiencia de "Un viaje virtual", un proxecto de desenvolvemento de unidades e temas transversais a través das TIC na asignatura de grego. Será o sábado ás 9 da mañá.

Na sé de Madrid, a sesión adicada ás clásicas será o sábado ás 11, con experiencias como "Introducción al latín para 4º de E.S.O. con Palladium", que presentará Jesús Mª Quílez.

Se te encontras preto dalgunha desas sés, non te podes perder a ocasión de escoitar aos chironianos e outros profesores de clásicas que participarán nesas sesións.

 

Enviar un comentario novo