Máis de 40 000 imaxes CC sobre o mundo clásico

A imaxe que ilustra esta entrada, engadida hai uns días por Belén Cantero (@Becante13), levou a 40 000 o número de imaxes sobre o mundo clásico na galería de ??????-Chiron, todas elas con licenza Creative Commons.

Se queres participar na galería ou sacar partido dela nos teus traballos ou nos dos teus alumnos, podes botar unha ollada ás breves instrucións que ofrecemos na nosa páxina.

Por outro lado, recordamos que hai máis de 7.000 ligazóns etiquetadas no noso marcador social (guía rápida), e que estamos procedendo á revisión dos recursos recollidos na nosa wiki.

Bon proveito.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *