Que che parecería poder explicar aos teus alumnos toda a arte grega cunha soa imaxe? E oaoristo do grego clásico? Seica non lles axudaría na súa tarefa de tradución ter o fragmento a traballar perfectamente xerarquizado? Pois utiliza os mapas conceptuais.
O mapa conceptual non é máis que un sinxelo instrumento para representar o coñecemento que permite transmitir con claridade mensaxes complexas e facilitar tanto o ensino como a aprendizaxe; sintetizan a información para que, cando se estude ou se lea, sexa máis fácil poder captala ou aprendela.
CMAPTOOLS é un programa gratuíto para realizar mapas conceptuais que tamén ofrece a posibilidade de almacenamento gratis en servidores de mapas (descarga).
Para poder ter todos os materiais recollidos nun mesmo cartafol, na actualidade CHIRON ofrece a posibilidade de gardar os mapas que realices no servidor CMAPPERS. Unha vez instalado o programa no teu computador, debes buscar en SITIOS o cartafol IHMC CMAPPERS. Unha vez aberta, busca USERS, aí atoparás o cartafol CHIRON.
Tamén podes atopalos en WICHIRON, sección Outros: Mapas conceptuais.
E se o que queres realizar é un mapa mental como este proba con MIND42.
E se o que queres realizar é un mapa mental como este proba con MIND42.
