In aeternum vale, Juanvi

juanvi_quiron-800A entrada de hoxe é a máis triste que publicamos aquí: este mes de agosto deixounos un dos nosos, Juanvi Santa Isabel. A súa morte foi un golpe terrible para os seus compañeiros e amigos de Chiron, e tamén para todos os profesores de clásicas que tiveran a sorte de coñecelo ou de traballar e aprender con el. Juanvi foi un dos grandes protagonistas da innovación da didáctica dos estudos clásicos, traballando durante anos dende a Asesoría de Clásicas de Sagunt e dende o blog Los sueños de Hermes, ou colaborando cos Ludi Saguntini, a Domus Baebia e outras iniciativas renovadoras. A súa alegría contaxiosa, o seu desbordante entusiasmo, a súa apaixonada dedicación e a súa amizade incondicional sempre permanecerán connosco.

· SIT TIBI TERRA LEVIS

3 reflexións sobre “In aeternum vale, Juanvi

  1. Un gran dolor al fons del cor, de l’ànima i del sentiment. El tirarem a faltar tantes vegades!!!!

  2. Pingback: Comencem, doncs! | El Fil de les Clàssiques

  3. Quédanos un maravilloso recordo -Chiron en Compostela- e as pegadas do teu traballo. Non te esqueceremos!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *