Quizá todo isto che soe, quizais desfrutes tamén desta rede e invites a formar parte dela a algún amigo. A rede social establecida na plataforma Ning é unha das partes máis coñecidas e utilizadas de Χείρων·Chiron. A nosa rede, como outras establecidas na mesma plataforma, funciona ben e ten bastante uso, pero Ning decidiu non hai moito cambiar de modelo de negocio e deixar de ofrecer gratuitamente os seus servizos, ante o cal aproveitamos a ocasión para reformularnos o modelo de rede social que tiñamos e, tras considerar varias posibilidades, pasamos a utilizar unhanova rede, que nos permite máis cousas técnicamente e que non dependerá de terceiras persoas ou compañías, nova rede na que desde xa estás invitado a participar. Para comezar a usala, non tes máis que ir a http://www.chironweb.org/redsocial.
Podes crear grupos, ler blogs (e manter un propio facilmente), podes compartir enlaces e distintos materiais (desde documentos a material audiovisual)… e coñecerás a persoas tamén interesadas na cultura e linguas clásicas que queren pasar un bo momento compartindo o que saben e atopan, colaborando e aprendendo entre todos.
Se estabas usando a rede de Ning, recorda que nunhas semanas vaise pechar. Optamos por non intentar trasladar o material existente e membros á nova rede, senón deixar que cada un traslade o que lle pareza apropiado e se rexistre como lle pareza nela. Copia o que queiras conservar da rede antiga antes de que desapareza.
Se non estabas na antiga rede, agora é un bo momento para descubrir a utilidade profesional ou persoal dunha rede social de profesores, alumnos e persoas en xeral interesadas polas clásicas. Esperámoste alí.
