Centauros de ouro 2009
Nesta terceira convocatoria, o Centauro de Ouro correspondeu a:
- M@riel, polo seus dous blogs relativos a Grecia (Tras las huellas de los dioses) e a Roma (Hijos de Marte). O valioso contido de ambos blogs vese acrecentado se temos en conta que a súa autora, que vive en Galicia, é unha alumna de terceiro curso da ESO.
- E ao blog Aracne fila i fila, do IES Cristòfol Ferrer, de Premià de Mar. Trátase dun blog de aula, onde publican os seus traballos os alumnos de latín, grego e Cultura Clásica, dende 3º da ESO ata 2º de bacharelato.
Dende Chiron queremos felicitar sinceiramente a M@riel e aos autores de Aracne fila i fila (coa súa profesora Margalida Capellà á cabeza) á vez que os animamos a seguir coa súa labor, e desexamos que cunda o exemplo entre os estudantes que teñen verdadeira estima polo mundo clásico. Non é outra a razón da existencia dos Centauros de Ouro.






