Chiron en Santiago de Compostela. Novembro 2008.

Chiron en Santiago 2008Χείρων-Chiron xurdiu coma un lugar onde os profesores de linguas clásicas puidesen compartir experiencias e inquedanzas. Ao longo dos seus dous anos de vida fomos presentando  e ofrecendo o noso proxecto en cantos ámbitos nos foi posible, e cremos que se trata xa dun espazo máis que consolidado na rede.

Pero Χείρων-Chiron tivo tamén dende os seus inicios gran interese na formación do profesorado, e na renovación didáctica que debe supor a introdución das tic na aula.

Os vindeiros días 21 e 22 de novembro, Χείρων-Chiron ofrece en Santiago de Compostela o seu primeiro curso de clásicas e tic. Organizado pola Sección galega da SEEC, trátase dun curso de metodoloxía mixta: unha primeira fase presencial, e unha segunda fase virtual, que desenvolveremos na plataforma Moodle de Χείρων-Chiron.

Nel imos intentar iniciar aos participantes nas principais ferramentas da web 2.0 (blogs, wikis, marcadores sociais, RSS, etc.), en ferramentas de xestión de aulas virtuais (Moodle), e noutros recursos específicos para profesores de clásicas.

Dende aquí queremos ofrecer a nosa colaboración a todos os organismos e institucións que teñen ao seu cargo a formación do profesorado. Todos os interesados en contar con nós non teñen máis que escribir un correo plantexándonos a súa proposta, e valorarémola  segundo a nosa dispoñibilidade.

Share on Twitter

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>