Centauros de ouro 2010

Centauro de oroUn ano máis, coincidindo coa celebración do día de Internet (17 de maio), Chiron concede os seus Centauros de Ouro, a aqueles blogs de temática clásica, mantidos por alumnos, que constitúen un exemplo a seguir e un estímulo para fomentar o amor polo mundo grecorromano.

Nesta cuarta convocatoria, o Centauro de Ouro correspondeu aos blogs:

-Viam stratam, blog de aula dos alumnos de clásicas do IES Manuel García Barros da Estrada (Pontevedra).

-Lingua Mater, blog persoal de Elena Recio, alumna de 4º de ESO do Instituto Santiago Apóstolo de Almendralejo (Badaxoz).

Ademais, Chiron desexa tamén premiar iniciativas sobre o mundo clásico dirixidas a alumnos. E, para ese efecto, outorga tamén un Centauro de Ouro ao Concurso de Cultura Clásica Odisea, organizado polas seccións da SEEC en Galicia, Valencia-Castellón e Alacant, e que xa culminou a súa quinta edición, polo seu decidido empeño en promover o coñecemento da civilización grecorromana entre os alumnos de secundaria. Unha iniciativa que busca e está preparada para crecer e agrupar en próximas edicións a todas as comunidades que estean interesadas en participar

Desde Chiron queremos felicitar sinceramente a todos os premiados, á vez que lles animamos a seguir co seu labor, e desexamos que renda o exemplo entre os estudantes que teñen verdadeira estima polo mundo clásico. Non é outra a razón da existencia dos Centauros de Ouro.

Share on Twitter

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>