Centauros de ouro 2015

aureus_0Como cada ano, o día de internet (17 de maio), Chiron outorga os seus Centauros de Ouro a algúns blogs de estudantes que se distinguen por deixar constancia na rede do latín, do grego, ou da cultura clásica nos seus diferentes aspectos.

Este ano os blogs galardoados son:

  • El fil del mite Grec , blog colectivo feito por alumnos de latín de 4º curso da ESO, do INS Premià de Mar (Barcelona).

A nosa noraboa a todos os galardoados e, por suposto, tamén aos seus/súas profesores/as!

Unha app para futuros humanistas

Captura de pantalla 2015-02-05 11.19.39A Facultade de Humanidades da Universitat Internacional de Catalunya (UIC) vén de crear, coa colaboración de profesionais do sector e o Instituto de Cultura do Concello de Barcelona (ICUB), unha aplicación para teléfonos móbiles co obxectivo de axudar aos mozos con intereses humanísticos a descubrir un amplo abano de opcións profesionais.

A aplicación, chamada Cultural Job Game, é un xogo de preguntas e respostas tipo Trivial e está separado por niveis. Unha vez acadado cada nivel, diferentes profesionais do sector explican, nun breve vídeo, en que consiste o seu traballo. Algúns destes colaboradores foron, entre outros, Màrius Serra, xornalista cultural; Berta Ribé, responsable do servizo educativo do Museo da Música de Barcelona; Ruben García, product manager do Club TR3SC, ou Paquita Navarro, responsable en proxectos de digitalización da Biblioteca de Cataluña.

Quen consiga superar todos os niveis da aplicación poderá participar o 30 de abril (con inscripción previa antes do día 20) nunha mesa redonda e un sorteo.

Pódese ver e descargar a aplicación aquí. E ver nesta ligazón un video explicativo.

Creación de HVMANITAS RENASCENS

O pasado fin de semana, tivo lugar en Roma a ratificación dos estatutos dunha nova sociedade, denominada HVMANITAS RENASCENS. Trátase “dunha nova sociedade de vocación universal, e dirixida a devolver ás linguas clásicas a dignidade e o prestixio perdidos, co regreso á vía dos humanistas”. Pode verse aquí unha tradución dos seus estatutos. Neles pódense constatar os fins que se perseguen e as actividades que pretenden levar a cabo: uns obxectivos sen dúbida ambiciosos.

A nova asociación nace baixo os auspicios de persoas e institucións de numerosos países: Brasil, España (a asociación culturaclasica.com), República Checa, Croacia, Bulgaria, Alemania, Francia, Chinesa, Portugal, Estados Unidos, Bélgica, Holanda, Gran Bretaña e Austria.

Desde ??????·Chiron congratulámonos desa iniciativa que vai beneficiar ao mundo dos estudos clásicos e da súa didáctica, e potenciar un maior recoñecemento do seu papel na educación e na cultura da nosa sociedade.

Publicado o primeiro diccionario Latín-Euskera

Chiron se congratula da publicación, en papel e por primeira vez, dun dicionario Latín-Euskera co título Euskolatinus hiztegia. Os seus autores remítennos esta presentación.

O primeiro dicionario Latín-Euskera en papel saíu á venda este mes de setembro. O traballo realizámolo un grupo de profesores de Latín que traballamos na rede pública do Goberno de Navarra.

Portada del diccionario Latín-Euskera Euskolatinus hiztegiaTodo empezou o curso 2010-11 nun curso organizado polo Centro de Apoio ao Profesorado de Pamplona. O curso “Recursos infórmaticos para Linguas e Cultura Clásicas” contou coa presenza de Carlos Cabanillas, de ??????·Chiron, que entre outras cousas presentounos o dicionario en liña Collatinus. Este dicionario, nacido en Francia, acababa de ser traducido ao castelán, catalán e galego. Faltaba a versión en euskera. Carlos invitounos a completar o traballo, de maneira que todas as linguas do estado estivesen representadas.

Algúns profesores empezamos a madurar a idea. Finalmente, con moitas ganas e entusiasmo, puxémonos á tarefa. Coa axuda de Carlos, Collatinus en euskera vía a luz ao curso seguinte. Pero seguiamos sen ter un dicionario Latin-Euskera en papel, algo que, como sabedes, aínda é necesario para o traballo no aula. Os nosos alumnos tiñan unha dificultade engadida á hora de traducir os textos latinos ao euskera, por ter que utilizar dicionarios Latin-Español. Así que logo de pensalo (non moito) animámonos a facer o dicionario en papel.

Nestes tres cursos realizamos o traballo. Temos compartido opinións, unificado criterios, revisado textos (principalmente César e Fedro)… Temos desfrutado e, ás veces, angustiado para cumprir prazos.

Logo de facer o traballo quedaba un pequeno gran detalle Como facelo chegar aos alumnos? Puxémonos en contacto cunha pequena editorial navarra, Denonartean, que previamente traducira ao euskera o libro de Lola Gándara Guárdate de los Idus (Kasu eman Idusei) e déronnos o si. Queremos aproveitar este espazo para dar as grazas a Kike e Unai: Eskerrik asko, bihotz-bihotzez.

Equipo de autores: Edurne Aranburu Carreira, Ana Botello Hernández, Susana Delas Villanueva, Javier Eslava Arce, Lourdes Goño Larraya, Ander Gómez Urtasun, Maite Jurio Bidarte, Helena Sainz Goñi, Jesús Madinabeitia Ortiz de Lazcano, Begoña Martínez Lasheras, Mertxe Uribe-Etxebarria Otaduy e Amaia Zubillaga Mina.

Lemnos

Lemnos

Hai pouco, fíxose público un proxecto cinematográfico interesante. Trátase dunha versión da traxedia de Sófocles Filoctetes, con fidelidade ao texto orixinal, pero “adaptándoo á linguaxe cinematográfica e potenciando os paralelismos coa actualidade nun diálogo vivo co pasado”.

Lemnos, que así se denominará a película, está dirixida por Alejandro Lorenzo Lledó e conta cun bo plantel artístico e técnico.

Do mesmo xeito que xa fixeron outras institucións, como a Sociedad Española de Estudios Clásicos (sección de Alicante), a Fundación Pastor de Estudios Clásicos, o Instituto de Teatro Clásico Grecolatino de Andalucía, a Societat Catalana de Teatre Grecollatí e o Instituto de Teatro Grecolatino de Segóbriga, a Asociación Chiron considera de interese apoiar unha iniciativa como a presente, que sen dúbida servirá como importante elemento didáctico no ensino das linguas e culturas clásicas.

Pódese seguir o proxecto no seu blog, na súa páxina de facebook ou en Twitter.

Apuntádevos ao Concurso Odisea 2014?

Ata o 31 de xaneiro de 2014 está aberto o prazo de inscripción ao concurso ODISEA, no que poden participar gratuitamente alumnos de ESO e Bacharelato de Aragón, Catalunya, Comunitat Valenciana, Galicia e Valladolid, baixo os auspicios da SEEC, a APLEC e outras institucións.
Captura de pantalla 2014-01-22 10.44.23
O concurso naceu en Galicia hai oito anos e o ano pasado contou coa partipación de 2.600 estudantes de máis de 150 Centros de ensino. Os alumnos, organizados por equipos e baixo a supervisión do seu profesor, responden a través de Internet varias tandas de preguntas sobre o currículo de Cultura Clásica, Latín e Grego. Cada sede concede os seus propios premios en metálico e, na fase estatal, o equipo ganador da final lévase 500€.

A primeira fase local terá lugar os días 3-6 de febreiro de 2014, e os días elixidos para o desempate local e estatal son o 12 e 19 de febreiro. Nesta ocasión as preguntas terán como tema “O teatro en Grecia e Roma“.

Non o penses máis e anima aos teus alumnos a participar. Comprobarás que é un magnífico modo de dinamizar as túas clases.

Información completa e inscrición no sitio web do concurso.

In aeternum vale, Juanvi

juanvi_quiron-800A entrada de hoxe é a máis triste que publicamos aquí: este mes de agosto deixounos un dos nosos, Juanvi Santa Isabel. A súa morte foi un golpe terrible para os seus compañeiros e amigos de Chiron, e tamén para todos os profesores de clásicas que tiveran a sorte de coñecelo ou de traballar e aprender con el. Juanvi foi un dos grandes protagonistas da innovación da didáctica dos estudos clásicos, traballando durante anos dende a Asesoría de Clásicas de Sagunt e dende o blog Los sueños de Hermes, ou colaborando cos Ludi Saguntini, a Domus Baebia e outras iniciativas renovadoras. A súa alegría contaxiosa, o seu desbordante entusiasmo, a súa apaixonada dedicación e a súa amizade incondicional sempre permanecerán connosco.

· SIT TIBI TERRA LEVIS

Candidaturas aos centauros de ouro 2013

Centauro de oro

Como xa é coñecido, o 17 de maio, día de Internet, Chiron outorga os seus Centauros de Ouro. Son aspirantes a devanditos premios as publicacións na rede de temática clásica que teñan como autores a alumnos das nosas materias, sexan de ESO, de bacharelato ou de universidade. Poden ser blogs ou outro tipo de páxinas web, individuais ou de aula.

Con tal motivo, CHIRON abre un período de presentación de candidaturas, que rematará o vindeiro día 5 de maio. Só é necesario cubrir este formulario no que se anotará o nome da publicación, a URL así como o nivel no que se atopan os alumnos que a editan.

Animádevos e presentade vosas candidaturas.

Xa coñeces o concurso Odisea?

odiseaAta o 31 de xaneiro está aberto o prazo de inscripción ao concurso ODISEA, no que poden participar gratuitamente alumnos de E.S.O. e Bacharelato de Aragón, Catalunya, Comunidade Valenciana, Galicia e, por primeira vez, Valladolid, baixo os auspicios da SEEC, a APLEC e outras institucións. O concurso naceu en Galicia hai oito anos e o ano pasado contou coa partipación de case 2.400 estudantes. Os alumnos, organizados por equipos e baixo a supervisión do seu profesor, responden a través de Internet varias tandas de preguntas sobre o currículo de Cultura Clásica, Latín e Grego. Cada sede concede os seu propios premios en metálico e, na fase estatal, o equipo gañador da final lévase 500€.

A primeira fase local terá lugar os días 4-7 de febreiro e os días elixidos para o desempate local e estatal son o 20 e 27 de febreiro. Nesta ocasión as preguntas terán como tema “A educación no mundo grecorromano“.

Non o penses máis e anima aos teus alumnos a participar. Comprobarás que é un magnífico modo de dinamizar as túas clases. Atoparás o formulario de inscripción e as bases no sitio web do concurso.

Tamén Χείρων·Chiron Loves Monuments…

O público xeral normalmente descoñece unha iniciativa recente de Wikipedia: o concurso fotográfico Wiki Loves Monuments. Participaron na edición de 2012, fotografando monumentos dos países involucrados, 15.012 usuarios que publicaron con licenza Creative Commons un total de 365.394 fotografías (dise pronto, un terzo de millón de imaxes). Aínda que Grecia non participou no concurso, si o fixeron outros países que contan con monumentos pertencentes ao legado grecorromano.

  

A comezos deste mes o xurado deu a coñecer a lista de obras e autores gañadores, e nela atopamos esta perla: o segundo premio recaeu na fotografía dun monumento da Hispania romana, o acueducto de Segovia, fotografado polo usuario David Corral Gadea. Tratándose dun monumento tan trillado, o mérito desta imaxe reside na pureza e a saturación das súas cores, na tensión diagonal das súas liñas debida ao escorzo e, sobre todo, na mestura tan peculiar e equilibrada de luces diferentes.

En ??????·Chiron agradecemos ao autor desta imaxe, e a todos os demais participantes, a súa xenerosidade e, aproveitando que o Pisuerga non pasa pola antiga Secovia, creamos un fondo de pantalla de 1280 x 800 píxeles que podes descargar de aquí e lucir no teu computador. Publicámolo hoxe ás 12 horas do día 12 do mes 12 do ano dous mil e 12 para sumarnos á iniciativa #yoconozcomiherencia da asociación Amuprolag que reclama un lugar para a Cultura clásica, o Grego e as Humanidades na LOMCE.

Por certo, que mergullándonos entre os miles de imaxes presentadas ao mesmo concurso atopamos ademais o Anfiteatro de Capua, o Arco de Traxano de Carsulae, o un pasadizo das Areas de Arles. Non esquezas que podes descargar máis fondos de pantalla de ??????·Chiron da web de pompilo, deseñador impenitente. Tamén ti podes animarte e ofrecer os teus á comunidade.