Collatinus multilingüe tamén en éuscaro

En outubro de 2010 anunciamos en Chiron o lanzamento da versión multilingüe de Collatinus, un asistente de tradución, creado por Yves Ouvrard, co que podemos extraer rápida e facilmente o vocabulario dun texto latino.
A partir de agora contamos cunha lingua máis no noso Collatinus multilingüe, o éuscaro, que se engade ao castelán, catalán e galego. Seguir lendo

Marcador social de Chiron

Desde hai xa anos en Chiron usamos como marcador social do grupo o servicio gratuito de Diigo. Hai pouco máis dun mes fixemos algunos cambios na nosa proposta de marcado social, e creamos un grupo específico para o material multimedia. Tras algunhas discusións e recibidas as suxestións dalgúns usuarios, cremos máis conveniente centralizar todos os recursos nun só grupo.

Xa que todas as ligazóns que se marquen irán parar a este grupo, exhortamos aos navegantes clásicos a que inclúan na etiquetaxe de que tipo de recurso se trata: “documento“, “vídeo“, “audio“, “presentación“.

Todas as ligazóns que se recolleron no grupo dedicado aos multimedia engadíronse xa ao marcador xeral.

Peche da rede social

Hai uns meses presentabamos unha rede social aloxada en Chiron para substituír á antiga rede en ning. Dende entón son moitos e variados os problemas técnicos que presentou. Por outra banda o uso que se está dando a ese espazo é moito menor do esperado, polo que decidimos suprimir ese servizo a partir do 20 de xaneiro. A partir desa data desaparecerán os documentos e arquivos que se subiron, así que che recomendamos que fagas unha copia se tes interese nalgún deles.

Para tomar esta decisión tamén tivemos en conta que outros espazos de Chiron cumpren as funcións que estaba tendo a rede social: debates e consultas poden facerse no foro, compartir arquivos pode facerse nas distintas galerías (fotospresentacións vídeos), compartimos ligazóns interesantes no marcador social e outros recursos na wiki. Por outra banda, Chiron segue sendo social noutros espazos: vémonos en Facebook, en Twitter, enFriendfeed.

Estreamos rede social

Como contamos no seu día, Chiron ten rede social na plataforma Ning, rede social na que se produciron interesantes discusións e se compartiron experiencias e materiais de utilidade entre persoas de distinta procedencia e situación interesadas pola cultura e linguas clásicas. Desfrutamos con actividades tan distintas como a posta en común de formulacións para obter mellores resultados na docencia do latín e grego, solucións a cuestións de aplicación dalgún método concreto na aula ou o seu uso de forma autodidacta, o aviso das distintas actividades que se realizaban en relación con diferentes aspectos da cultura clásica ou o feito de compartir cancións desta temática. 

Quizá todo isto che soe, quizais desfrutes tamén desta rede e invites a formar parte dela a algún amigo. A rede social establecida na plataforma Ning  é unha das partes máis coñecidas e utilizadas de Χείρων·Chiron. A nosa rede, como outras establecidas na mesma plataforma, funciona ben e ten bastante uso, pero Ning decidiu non hai moito cambiar de modelo de negocio e deixar de ofrecer gratuitamente os seus servizos, ante o cal aproveitamos a ocasión para reformularnos o modelo de rede social que tiñamos e, tras considerar varias posibilidades, pasamos a utilizar unhanova rede, que nos permite máis cousas técnicamente e que non dependerá de terceiras persoas ou compañías, nova rede na que desde xa estás invitado a participar. Para comezar a usala, non tes máis que ir a http://www.chironweb.org/redsocial.

Podes crear grupos, ler blogs (e manter un propio facilmente), podes compartir enlaces e distintos materiais (desde documentos a material audiovisual)… e coñecerás a persoas tamén interesadas na cultura e linguas clásicas que queren pasar un bo momento compartindo o que saben e atopan, colaborando e aprendendo entre todos.

Se estabas usando a rede de Ning, recorda que nunhas semanas vaise pechar. Optamos por non intentar trasladar o material existente e membros á nova rede, senón deixar que cada un traslade o que lle pareza apropiado e se rexistre como lle pareza nela. Copia o que queiras conservar da rede antiga antes de que desapareza.

Se non estabas na antiga rede, agora é un bo momento para descubrir a utilidade profesional ou persoal dunha rede social de profesores, alumnos e persoas en xeral interesadas polas clásicas. Esperámoste alí.

Mapas conceptuais

Que che parecería poder explicar aos teus alumnos toda a arte grega cunha soa imaxe? E oaoristo do grego clásico? Seica non lles axudaría na súa tarefa de tradución ter o fragmento a traballar perfectamente xerarquizado? Pois utiliza os mapas conceptuais.

O mapa conceptual non é máis que un sinxelo instrumento para representar o coñecemento que permite transmitir con claridade mensaxes complexas e facilitar tanto o ensino como a aprendizaxe; sintetizan a información para que, cando se estude ou se lea, sexa máis fácil poder captala ou aprendela.

CMAPTOOLS é un programa gratuíto para realizar mapas conceptuais que tamén ofrece a posibilidade de almacenamento gratis en servidores de mapas (descarga).

Para poder ter todos os materiais recollidos nun mesmo cartafol, na actualidade CHIRON ofrece a posibilidade de gardar os mapas que realices no servidor CMAPPERS. Unha vez instalado o programa no teu computador, debes buscar en SITIOS o cartafol IHMC CMAPPERS. Unha vez aberta, busca USERS, aí atoparás o cartafol CHIRON.

Tamén podes atopalos en WICHIRON, sección Outros: Mapas conceptuais.
E se o que queres realizar é un mapa mental como este proba con MIND42.

A rede Social de Chiron en NING, punto de encontro para Clásicas

A rede social Chiron é un espazo de encontro para as persoas interesadas na cultura e linguas clásicas, en especial profesores e alumnos, un lugar que favorece a participación, o debate, a cooperación e o traballo colaborativo por distantes que se encontren, que permite aos usuarios interactuar, compartir experiencias, manter o contacto, e que ofrece numerosas posibilidades educativas.

Na Rede Social Chiron en Ning encontramos diversos apartados, como se mostra nesta presentación:

Sen dúbida o maior interese desta Rede Social son os grupos, nos que podemos participar, debater, aportar  cousas…

De momento dentro da Rede Social Chiron existen estes grupos:

  • ¿Cómo funciona esto?  Grupo para aprender sobre as redes sociais e o seu funcionamento, en especial sobre esta rede. Creado para que novatos e menos novatos nos axudemos a sacar máis partido deste espazo.
  • Cooperación. Grupo para difundir e compartir iniciativas de defensa das clásicas nas Comunidades Autónomas, nos centros, nas Universidades…  Estamos nun momento crítico e é hora de sumar esforzos.
  • Didáctica das Linguas Clásicas. Grupo para compartir e discutir propostas e metodoloxías didácticas.
  • Formación do profesorado e axuda coas TIC. Lugar para a axuda e difusión das TIC no ámbito do ensino das nosas materias en secundaria, bacharelato e universidade.
  • La Cocina Grupo de análise e difusión das TIC e o seu mantemento en Chironweb.
  • La sonrisa de Chiron. Espazo para o encontro distendido, as anéctodas, o humor.

Para participar nesta Rede non existen máis normas que as do sentido común e o respecto mutuo. Podes consultar a Guía de uso.

Tambén podes unirte a Chiron en Facebook.

 

Mapa da Hispania romana

Chiron é, por nacemento e por convición, un sitio 2.0, isto é, un lugar por e para a colaboración.

Neste sentido, Chiron fai unha proposta a tódolos classici nautae que queiran participar nun mapa colaborativo da Hispania romana. Trátase de que cada un incorpore a este mapa de Google os lugares de interese arqueolóxico e/ou artístico que crea oportunos. Sería interesante que, ademais da localización, se engadisen en cada lugar algúnhas ligazóns e imaxes.

Se necesitas información sobre como traballar cos mapas de Google, podes mirar aquí ou aquí.

Estamos convencidos de que, coa colaboración de todos, conseguiremos un documento interesante para nós e para os nosos alumnos.

A Selectividade na WiChiron

O paso de Chiron por Compostela, ademais de poñer as bases para a creación dun novo grupo de profesores clásicos 2.0, aportou tamén novas ideas ao noso proxecto. Unha delas foi a creación na WiChiron dunha Categoría específica para a Selectividade, con diversas subcategorías por comunidades, tanto para latin como para grego. Cada unha delas está dividida en exámenes, orientacións-criterios, e materiais. Agora só falta que todos colaboremos subindo os nosos traballos e poñéndoos a disposición da comunidade.

Aulas Virtuais en Chiron

¿Viches os cursos nas aulas virtuais del Chiron? Calquera profesor de clásicas interesado en crear un curso para os seus alumnos pode solicitar o seu espazo de forma gratuíta.

As aulas virtuais permiten reunir nun mesmo lugar actividades, blogs,wikis, foros, apuntes, ligazóns, vídeos, glosarios. O profesor é o responsable de organizar esta oferta da forma máis axeitada para os seus alumnos. As posibilidades son inmen
sas, só hai que ver este exemplo.
¿Apetéceche intentalo? Ponte en contacto con nós cos teus datos e os do teu  centro, unha explicación do teu proxecto, os alumnos aos que estará dirixido o curso e calquera outra información que consideres oportuna.