Lemnos

Lemnos

Hai pouco, fíxose público un proxecto cinematográfico interesante. Trátase dunha versión da traxedia de Sófocles Filoctetes, con fidelidade ao texto orixinal, pero “adaptándoo á linguaxe cinematográfica e potenciando os paralelismos coa actualidade nun diálogo vivo co pasado”.

Lemnos, que así se denominará a película, está dirixida por Alejandro Lorenzo Lledó e conta cun bo plantel artístico e técnico.

Do mesmo xeito que xa fixeron outras institucións, como a Sociedad Española de Estudios Clásicos (sección de Alicante), a Fundación Pastor de Estudios Clásicos, o Instituto de Teatro Clásico Grecolatino de Andalucía, a Societat Catalana de Teatre Grecollatí e o Instituto de Teatro Grecolatino de Segóbriga, a Asociación Chiron considera de interese apoiar unha iniciativa como a presente, que sen dúbida servirá como importante elemento didáctico no ensino das linguas e culturas clásicas.

Pódese seguir o proxecto no seu blog, na súa páxina de facebook ou en Twitter.

Apuntádevos ao Concurso Odisea 2014?

Ata o 31 de xaneiro de 2014 está aberto o prazo de inscripción ao concurso ODISEA, no que poden participar gratuitamente alumnos de ESO e Bacharelato de Aragón, Catalunya, Comunitat Valenciana, Galicia e Valladolid, baixo os auspicios da SEEC, a APLEC e outras institucións.
Captura de pantalla 2014-01-22 10.44.23
O concurso naceu en Galicia hai oito anos e o ano pasado contou coa partipación de 2.600 estudantes de máis de 150 Centros de ensino. Os alumnos, organizados por equipos e baixo a supervisión do seu profesor, responden a través de Internet varias tandas de preguntas sobre o currículo de Cultura Clásica, Latín e Grego. Cada sede concede os seus propios premios en metálico e, na fase estatal, o equipo ganador da final lévase 500€.

A primeira fase local terá lugar os días 3-6 de febreiro de 2014, e os días elixidos para o desempate local e estatal son o 12 e 19 de febreiro. Nesta ocasión as preguntas terán como tema “O teatro en Grecia e Roma“.

Non o penses máis e anima aos teus alumnos a participar. Comprobarás que é un magnífico modo de dinamizar as túas clases.

Información completa e inscrición no sitio web do concurso.

Xa coñeces o concurso Odisea?

odiseaAta o 31 de xaneiro está aberto o prazo de inscripción ao concurso ODISEA, no que poden participar gratuitamente alumnos de E.S.O. e Bacharelato de Aragón, Catalunya, Comunidade Valenciana, Galicia e, por primeira vez, Valladolid, baixo os auspicios da SEEC, a APLEC e outras institucións. O concurso naceu en Galicia hai oito anos e o ano pasado contou coa partipación de case 2.400 estudantes. Os alumnos, organizados por equipos e baixo a supervisión do seu profesor, responden a través de Internet varias tandas de preguntas sobre o currículo de Cultura Clásica, Latín e Grego. Cada sede concede os seu propios premios en metálico e, na fase estatal, o equipo gañador da final lévase 500€.

A primeira fase local terá lugar os días 4-7 de febreiro e os días elixidos para o desempate local e estatal son o 20 e 27 de febreiro. Nesta ocasión as preguntas terán como tema “A educación no mundo grecorromano“.

Non o penses máis e anima aos teus alumnos a participar. Comprobarás que é un magnífico modo de dinamizar as túas clases. Atoparás o formulario de inscripción e as bases no sitio web do concurso.

Gratias maximas, pipiatores!

Grazas a todos os participantes!
Nun só día publicáronse máis de 1.500 mensaxes en latín e en grego de profesores, alumnos e persoas amantes do mundo clásico, dando mostra da vitalidade das nosas materias e da súa presenza en todos os ámbitos.
Foi realmente estimulante ver o entusiasmo co que moitos alumnos se comunicaron usando as nosas linguas, pipiationes que incluían citas clásicas, saúdos, presentacións, invectivas contra a lei Wert, indicios de comezos de amizades en rede, unhas máis elaboradas, outras máis breves… Seguir lendo

Propostas chironianas no seu sexto cumpleanos

Iniciamos un novo curso, un curso duro para a educación pública, un curso que pode levar por diante as últimas esperanzas de ofrecer aos nosos mozos a formación que merecen. E o futuro pode ser aínda ata moito peor para as Clásicas, se sae adiante a redacción actual do anteproxecto de la nova lei educativa (coñecida xa, amargamente, pola lei Wert).

Seguir lendo

Petición á UNESCO: o latín e o grego, Patrimonio da Humanidade

Provocatio ad UNESCOA academia Vivarium Novum presentou unha petición á UNESCO para solicitar que o latín e o grego sexan considerados Patrimonio Inmaterial da Humanidade. ??Trátase de pedir á UNESCO que inste aos gobernos de Europa á protección e á conservación destas linguas e a súa cultura a través especialmente do seu ensino, posto que son a máis elevada expresión da cultura europea, extendida por todo o mundo.

A solicitude, a firma en apoio da mesma e a información para a súa difusión poden verse aquí:

Se esta iniciativa che parece interesante, podes asinar e difundila

Centauros de ouro 2011

Centauro de ouro

Un ano máis, coincidindo coa celebración do día de Internet (17 de maio), Chiron concede os seus Centauros de Ouro, a aqueles blogs de temática clásica, mantidos por alumnos, que constitúen un exemplo a seguir e un estímulo para fomentar o amor polo mundo grecorromano.

Nesta quinta convocatoria, o Centauro de Ouro correspondeu aos blogs:

  • El cuaderno de Lara, blog de Lara Escobar, alumna de 2º de bacharelato do IES Santiago Apóstol (Almendralejo).
  • L’empremta d’Orfeu, espazo de Oriol García-Penche “Deka”, alumno de 2º de bacharelato del IES Cristòfol Ferrer (Premià de Mar).
  • El vaixell d’Odisseu, blog de aula da Escola Vedruna-Gràcia (Barcelona).

Por outra banda unímonos ás felicitaciones ao blog de aula Aracne fila i fila por ter obtido o primeiro premio na V edición dos premios Espiral Edublogs. O traballo dos alumnos do IES Cristòfol Ferrer xa foi merecedor dun Centauro de Oro no 2009.

Desde Chiron queremos felicitar sinceiramente a todos os premiados, á vez que os animamos a seguir coa súa labor, e desexamos que cunda o exemplo entre os estudantes que teñen verdadeira estima polo mundo clásico.