Centauros de ouro 2015

aureus_0Como cada ano, o día de internet (17 de maio), Chiron outorga os seus Centauros de Ouro a algúns blogs de estudantes que se distinguen por deixar constancia na rede do latín, do grego, ou da cultura clásica nos seus diferentes aspectos.

Este ano os blogs galardoados son:

  • El fil del mite Grec , blog colectivo feito por alumnos de latín de 4º curso da ESO, do INS Premià de Mar (Barcelona).

A nosa noraboa a todos os galardoados e, por suposto, tamén aos seus/súas profesores/as!

Unha app para futuros humanistas

Captura de pantalla 2015-02-05 11.19.39A Facultade de Humanidades da Universitat Internacional de Catalunya (UIC) vén de crear, coa colaboración de profesionais do sector e o Instituto de Cultura do Concello de Barcelona (ICUB), unha aplicación para teléfonos móbiles co obxectivo de axudar aos mozos con intereses humanísticos a descubrir un amplo abano de opcións profesionais.

A aplicación, chamada Cultural Job Game, é un xogo de preguntas e respostas tipo Trivial e está separado por niveis. Unha vez acadado cada nivel, diferentes profesionais do sector explican, nun breve vídeo, en que consiste o seu traballo. Algúns destes colaboradores foron, entre outros, Màrius Serra, xornalista cultural; Berta Ribé, responsable do servizo educativo do Museo da Música de Barcelona; Ruben García, product manager do Club TR3SC, ou Paquita Navarro, responsable en proxectos de digitalización da Biblioteca de Cataluña.

Quen consiga superar todos os niveis da aplicación poderá participar o 30 de abril (con inscripción previa antes do día 20) nunha mesa redonda e un sorteo.

Pódese ver e descargar a aplicación aquí. E ver nesta ligazón un video explicativo.

Creación de HVMANITAS RENASCENS

O pasado fin de semana, tivo lugar en Roma a ratificación dos estatutos dunha nova sociedade, denominada HVMANITAS RENASCENS. Trátase “dunha nova sociedade de vocación universal, e dirixida a devolver ás linguas clásicas a dignidade e o prestixio perdidos, co regreso á vía dos humanistas”. Pode verse aquí unha tradución dos seus estatutos. Neles pódense constatar os fins que se perseguen e as actividades que pretenden levar a cabo: uns obxectivos sen dúbida ambiciosos.

A nova asociación nace baixo os auspicios de persoas e institucións de numerosos países: Brasil, España (a asociación culturaclasica.com), República Checa, Croacia, Bulgaria, Alemania, Francia, Chinesa, Portugal, Estados Unidos, Bélgica, Holanda, Gran Bretaña e Austria.

Desde ??????·Chiron congratulámonos desa iniciativa que vai beneficiar ao mundo dos estudos clásicos e da súa didáctica, e potenciar un maior recoñecemento do seu papel na educación e na cultura da nosa sociedade.

Odisea 2015

Concurso Odisea

Xa está en marcha a nova edición do concurso Odisea, o concurso en liña de cultura clásica que en 2006 puxo en marcha a delegación galega da Sociedade Española de Estudios Clásicos.

Esta edición, a máis numerosa en canto ao número de seccións implicadas, contará coa participación das seccións da SEEC de Galicia, Valencia-Castellón e Alacant, Aragón, Valladolid, La Rioja, ExtremaduraCádiz, Córdoba, Granada, Málaga e Sevilla, e a  Associació de Professorat de Llengües Clàssiques de Catalunya, APLEC.

inscrición de equipos realizarase entre o 1 de decembro e o 23 de xaneiro, e o concurso desenvolverase entre os días 26, 27, 28 e 29 de xaneiro. A final entre os vencedores das fases autonómicas terá lugar o 11 de febreiro.

En datas próximas publicaranse as bases do concurso.

Publicado o primeiro diccionario Latín-Euskera

Chiron se congratula da publicación, en papel e por primeira vez, dun dicionario Latín-Euskera co título Euskolatinus hiztegia. Os seus autores remítennos esta presentación.

O primeiro dicionario Latín-Euskera en papel saíu á venda este mes de setembro. O traballo realizámolo un grupo de profesores de Latín que traballamos na rede pública do Goberno de Navarra.

Portada del diccionario Latín-Euskera Euskolatinus hiztegiaTodo empezou o curso 2010-11 nun curso organizado polo Centro de Apoio ao Profesorado de Pamplona. O curso “Recursos infórmaticos para Linguas e Cultura Clásicas” contou coa presenza de Carlos Cabanillas, de ??????·Chiron, que entre outras cousas presentounos o dicionario en liña Collatinus. Este dicionario, nacido en Francia, acababa de ser traducido ao castelán, catalán e galego. Faltaba a versión en euskera. Carlos invitounos a completar o traballo, de maneira que todas as linguas do estado estivesen representadas.

Algúns profesores empezamos a madurar a idea. Finalmente, con moitas ganas e entusiasmo, puxémonos á tarefa. Coa axuda de Carlos, Collatinus en euskera vía a luz ao curso seguinte. Pero seguiamos sen ter un dicionario Latin-Euskera en papel, algo que, como sabedes, aínda é necesario para o traballo no aula. Os nosos alumnos tiñan unha dificultade engadida á hora de traducir os textos latinos ao euskera, por ter que utilizar dicionarios Latin-Español. Así que logo de pensalo (non moito) animámonos a facer o dicionario en papel.

Nestes tres cursos realizamos o traballo. Temos compartido opinións, unificado criterios, revisado textos (principalmente César e Fedro)… Temos desfrutado e, ás veces, angustiado para cumprir prazos.

Logo de facer o traballo quedaba un pequeno gran detalle Como facelo chegar aos alumnos? Puxémonos en contacto cunha pequena editorial navarra, Denonartean, que previamente traducira ao euskera o libro de Lola Gándara Guárdate de los Idus (Kasu eman Idusei) e déronnos o si. Queremos aproveitar este espazo para dar as grazas a Kike e Unai: Eskerrik asko, bihotz-bihotzez.

Equipo de autores: Edurne Aranburu Carreira, Ana Botello Hernández, Susana Delas Villanueva, Javier Eslava Arce, Lourdes Goño Larraya, Ander Gómez Urtasun, Maite Jurio Bidarte, Helena Sainz Goñi, Jesús Madinabeitia Ortiz de Lazcano, Begoña Martínez Lasheras, Mertxe Uribe-Etxebarria Otaduy e Amaia Zubillaga Mina.

Centauros de ouro 2014

Centauro de oroDe novo, con motivo do día de Internet, Chiron outorga os seus Centauros de Ouro para premiar algúns recursos dixitais creados e mantidos por alumnos de linguas e cultura clásicas, sexan de educación secundaria ou de universidade. Queremos contribuír así á introdución e consolidación das TIC na aprendizaxe das nosas materias.

Nesta ocasión, os premios concedéronse aos seguintes proxectos:

Alumnos de Bacharelato:

Estudantes universitarios:

  • Graecorum et Romanorum, blog de “Diotima”, alumna de Estudos Clásicos da Universitat Autònoma de Barcelona.

A nosa noraboa a todos os gañadores e aos seus profesores!

Lemnos

Lemnos

Hai pouco, fíxose público un proxecto cinematográfico interesante. Trátase dunha versión da traxedia de Sófocles Filoctetes, con fidelidade ao texto orixinal, pero “adaptándoo á linguaxe cinematográfica e potenciando os paralelismos coa actualidade nun diálogo vivo co pasado”.

Lemnos, que así se denominará a película, está dirixida por Alejandro Lorenzo Lledó e conta cun bo plantel artístico e técnico.

Do mesmo xeito que xa fixeron outras institucións, como a Sociedad Española de Estudios Clásicos (sección de Alicante), a Fundación Pastor de Estudios Clásicos, o Instituto de Teatro Clásico Grecolatino de Andalucía, a Societat Catalana de Teatre Grecollatí e o Instituto de Teatro Grecolatino de Segóbriga, a Asociación Chiron considera de interese apoiar unha iniciativa como a presente, que sen dúbida servirá como importante elemento didáctico no ensino das linguas e culturas clásicas.

Pódese seguir o proxecto no seu blog, na súa páxina de facebook ou en Twitter.

Apuntádevos ao Concurso Odisea 2014?

Ata o 31 de xaneiro de 2014 está aberto o prazo de inscripción ao concurso ODISEA, no que poden participar gratuitamente alumnos de ESO e Bacharelato de Aragón, Catalunya, Comunitat Valenciana, Galicia e Valladolid, baixo os auspicios da SEEC, a APLEC e outras institucións.
Captura de pantalla 2014-01-22 10.44.23
O concurso naceu en Galicia hai oito anos e o ano pasado contou coa partipación de 2.600 estudantes de máis de 150 Centros de ensino. Os alumnos, organizados por equipos e baixo a supervisión do seu profesor, responden a través de Internet varias tandas de preguntas sobre o currículo de Cultura Clásica, Latín e Grego. Cada sede concede os seus propios premios en metálico e, na fase estatal, o equipo ganador da final lévase 500€.

A primeira fase local terá lugar os días 3-6 de febreiro de 2014, e os días elixidos para o desempate local e estatal son o 12 e 19 de febreiro. Nesta ocasión as preguntas terán como tema “O teatro en Grecia e Roma“.

Non o penses máis e anima aos teus alumnos a participar. Comprobarás que é un magnífico modo de dinamizar as túas clases.

Información completa e inscrición no sitio web do concurso.

In aeternum vale, Juanvi

juanvi_quiron-800A entrada de hoxe é a máis triste que publicamos aquí: este mes de agosto deixounos un dos nosos, Juanvi Santa Isabel. A súa morte foi un golpe terrible para os seus compañeiros e amigos de Chiron, e tamén para todos os profesores de clásicas que tiveran a sorte de coñecelo ou de traballar e aprender con el. Juanvi foi un dos grandes protagonistas da innovación da didáctica dos estudos clásicos, traballando durante anos dende a Asesoría de Clásicas de Sagunt e dende o blog Los sueños de Hermes, ou colaborando cos Ludi Saguntini, a Domus Baebia e outras iniciativas renovadoras. A súa alegría contaxiosa, o seu desbordante entusiasmo, a súa apaixonada dedicación e a súa amizade incondicional sempre permanecerán connosco.

· SIT TIBI TERRA LEVIS

Gañadores dos centauros de ouro 2013

Centauro de oroComo cada 17 de maio, Chiron outorga os seus Centauros de Ouro a alumnos que destacaron polo uso das novas tecnoloxías no ámbito das linguas e as culturas clásicas. Nesta convocatoria de 2013, resultaron premiados os blogs seguintes:

  • LA CINTA DE NIKE, blog personal de bacharelato de Núria Yela, do Instituto de Premià de Mar (Barcelona). Xira o contido acerca do mundo clásico no cine, á busca de referentes da cultura grecolatina no séptimo arte.
  • ILLARGONAUTA, blog colectivo de bacharelato, dirixido por Jenny Triviño e Francesc Nadal, do Instituto Illa de Rodes, de Roses (Girona). O traballo reflectido no blog aplica a Realidade aumentada ao mundo clásico, fundamentalmente a través da publicidade e outros referentes clásicos no mundo de hoxe (…)

Dende Chiron, damos a nosa noraboa aos gañadores dos Centauros de Ouro 2013 e agradecemos o bo nivel de todos os blogs participantes nesta convocatoria, animándoos a continuar no trabajo emprendido: eles son una fundada esperanza no futuro das clásicas.