Estamos de noraboa!

Dous blogues de clásicas resultaron gañadores do III Premio Espiral Edublogs 09: Clàssics a la romana acadou o primeiro premio dentro da categoría de blogs de bacharelato e El fil de les clàssiques foi merecedor do segundo premio na categoría de blogs de profesores.

Chiron quere felicitar a ambas iniciativas, incluídas no noso planeta de blogs, e unirse á ledicia de ver recoñecido o estupendo traballo que os seus autores comparten neles. O seu exemplo serve de estímulo a todos, pois sinala un camiño que paga a pena ser recorrido, representa un sorriso optimista entre todos os contratempos que están encontrando as nosas materias noutros ámbitos e é unha destacable proba da innovación didáctica, coa que está comprometida unha boa parte do noso colectivo. A súa ledicia é a nosa e a de todos os amantes das linguas clásicas e da súa cultura. Noraboa aos premiados.

Clàssics a la romana

El fil de les clàssiques

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.