Dicciogrego, un proxecto aberto a todos

Un novo proxecto cooperativo volveuse pór en marcha: a creación dun dicionario de grego didáctico e interactivo con licenza Creative Commons, sobre a base do dicionario Liddell-Scott, Intermediate Greek-English Lexicon.

Hai un par de anos, José María Ciordia lanzaba a idea de traducir o Liddell-Scott ao español. No debate que tal idea suscitou e no que participou activamente Chiron, acordouse acometer a tradución do Liddell-Scott Intermediate, por ser máis acorde ás necesidades dos nosos alumnos. Tras unha serie de avatares diversos, o proxecto volve tomar impulso da man de Francisco CortésJesús Ureña e  Ángel Luis Gallego,

O proxecto redeseñouse na idea de que non se trata de facer unha tradución do Intermediate, senón de usar este vello (1889) dicionario libre de copyright como punto de partida para conseguir unha ferramenta web interactiva moderna na que se integre a morfoloxía, con ligazóns en sustantivos, verbos e adxectivos aos modelos morfolóxicos pertinentes; a etimoloxía, para facer agrupacións de palabras; mención aos helenismos derivados, sinónimos, antónimos; distinción entre significado básico e significados de acepción, para facilitar a aprendizaxe do vocabulario aos alumnos; procura en grego e español, etc. O obxectivo non é unha tradución senón unha adaptación con criterios e recursos actuais ás nosas linguas (castelán, catalán, galego, euskera). Poden verse máis detalles do proxecto nesta web..

Trátase dun proxecto cooperativo ao que se poden incorporar todos os profesores de clásicas que o desexen. O traballo consistirá na tradución, reordenación e adaptación, seguindo unhas plantillas e unhas pautas que permitan despois un resultado uniforme. O esforzo dos colaboradores será recoñecido especificamente.

Se queres máis información, ou desexas apuntarte a esta ambiciosa iniciativa, visita o sitio do proxecto.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.