Como cada ano, o día de internet (17 de maio), Chiron outorga os seus Centauros de Ouro a algúns blogs de estudantes que se distinguen por deixar constancia na rede do latín, do grego, ou da cultura clásica nos seus diferentes aspectos.
- Reconstrucció histórica. Un nou nivel d’empatia, blog persoal de bacharelato, de Arnau Lario Devesa, alumno do INS Premià de Mar (Barcelona)
- El fil del mite Grec , blog colectivo feito por alumnos de latín de 4º curso da ESO, do INS Premià de Mar (Barcelona).
- Siringa, la música de l’antiga Grècia, blog persoal de bacharelato, de Marina Salas Zamora, do INS Isaac Albéniz (Badalona).
A nosa noraboa a todos os galardoados e, por suposto, tamén aos seus/súas profesores/as!