Cambio nos bancos de recursos de Chiron

Nos últimos meses, debido a cambios que se produciron nalgúns dos servizos que en Chiron viñemos utilizando para a recompilación de materiais, vímonos obrigados a modificar algúns dos nosos bancos de recursos.

En primeiro lugar, a galería de vídeos que mantiñamos en Vodpod deixou de ser eficaz na procura de materiais. A continuación, Scribd, onde tiñamos unha máis que interesante andel de documentos, decidiu eliminar a funcionalidade de “Grupos” e perdeu todo o seu valor para nós. Para rematar, Slideshare, a nosa galería de presentacións, eliminou tamén a súa opción de compartir en grupo. Ante isto, en Chiron decidimos centralizar todos estes servizos no noso marcador social en Diigo:

Animamos a todos os chironianos a colaborar nestas novas canles. Intentamos explicar os distintos medios de colaboración en Chiron na nosa “Guía rápida“, pero se alguén ten algunha dúbida, o noso correo está aberto a calquera consulta.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.