Normal 0 21 false false false ES X-NONE X-NONE MicrosoftInternetExplorer4
/* Style Definitions */ table.MsoNormalTable {mso-style-name:"Tabla normal"; mso-tstyle-rowband-size:0; mso-tstyle-colband-size:0; mso-style-noshow:yes; mso-style-priority:99; mso-style-qformat:yes; mso-style-parent:""; mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt; mso-para-margin:0cm; mso-para-margin-bottom:.0001pt; mso-pagination:widow-orphan; font-size:11.0pt; font-family:"Calibri","sans-serif"; mso-ascii-font-family:Calibri; mso-ascii-theme-font:minor-latin; mso-fareast-font-family:"Times New Roman"; mso-fareast-theme-font:minor-fareast; mso-hansi-font-family:Calibri; mso-hansi-theme-font:minor-latin; mso-bidi-font-family:"Times New Roman"; mso-bidi-theme-font:minor-bidi;}
Antes ca nada,
unha desculpa. Segundo comunicaron todos os alumnos que buscaron as respostas ás
quaestiones do mes pasado, a primeira delas foi imposible de atopar. E, efectivamente,
a pregunta estaba mal formulada: a festa en cuestión era na honra de Cibeles, pero tiña lugar do 12 ao 19 de abril (e non de novembro).
Perdón polas dores de cabeza causadas e, en compensación, a quen entregou as outras dúas respostas contaralle coma se fosen tres.
Dito o cal, velaquí as
preguntas do mes de decembro, que é máis curto que os outros. Así que, bulan vostedes!

I. O
15 de decembro de hai 1.980 anos nacía o que máis tarde sería
un dos Emperadores romanos de máis sona, pois pasou á posteridade como un exemplo de mal goberno e mesmo depravación. Non é nada estrano, xa que mandou matar á súa nai, as súas dúas esposas, o seu medio irmán e o seu antigo profesor, entre outros.
Cal é o nome deste persoeiro e o dos asasinados que se mencionan?
II.
Cada 17 de decembro comezaban en Roma unhas festas na honra de certo deus. En primeiro lugar
liberábase á súa estatua da cinta de la que o rodeaba o resto do ano para impedirlle abandonar a cidade. A partir dese momento, a ledicia era xeral: non había actividade política nin xudicial,
había vacacións escolares e sorteos de lotería; tamén se ofrecían banquetes públicos e a xente intercambiaba agasallos.
Con que nome se coñecían estas festas e na honra de que deus se celebraban?
III.
32 anos despois do nacemento citado na primeira quaestio, morría en Roma un
Emperador que durara moi pouco tempo no cargo. E non morreu de calquera maneira: foi capturado, arrastrado polas rúas de Roma, asasinado a golpes e guindado ó Tíber.
Quen foi este Emperador e quen foi o seu sucesor?