COORDINADORES:
Mª Teresa Amado e Ricardo Martín
LUGAR:
Auditorio Gustavo Freire (Lugo)
Auditorio Municipal (Ourense)
Teatro Colón (A Coruña)
PATROCINAN:
Sección galega da SEEC
Concello de Lugo
Concello de Ourense
Programa
Lugo
Día 13 de marzo, luns
12:00 Electra, de Sófocles, Grupo ESM de Bilbao
17:00 Epídico, de Plauto, Grupo ESM de Bilbao
Día 14 de marzo, martes
12:00 Bacantes, de Eurípides, Grupo Noite Bohemia, A Coruña
17:00 Pseudolus, de Plauto, Grupo Noite Bohemia, A Coruña
Ourense
Día 15 de marzo, mércores
12:00 Medea, de Eurípides, Grupo El Ruiseñor, A Coruña
17:00 Pseudolus, de Plauto, Grupo Noite Bohemia, A Coruña
Día 16 de marzo, xoves
12:00 Hécuba, de Eurípides, Grupo Noite Bohemia, A Coruña
17:00 Pseudolus, de Plauto, Grupo Noite Bohemia, A Coruña
A Coruña
Día 22 de marzo, mércores
12:00 Medea, de Eurípides, Grupo El Ruiseñor, A Coruña
17:00 Miles Gloriosus, de Plauto, Grupo Noite Bohemia, A Coruña
Reservas
Pinchando na ligazón embaixo, podedes acceder ao noso formulario de inscrición.
Prazo:
Socios da SEEC: desde o 14 de novembro de 2016 ó 14 de xaneiro de 2017
Non Socios: desde o 23 de novembro de 2016 ó 14 de xaneiro de 2017
Ingresos
5 € por alumno e representación. Conta: ES08 2080 0343 0230 4000 5068 de Abanca, Vista Alegre 106, Santiago.
Folla de Pagamento
Deberá enviarse a folla de pagamento e máis o xustificante de ingreso por correo electrónico a: *protected email*
Anularase a reserva cuxa folla de inscrición e xustificante de pagamento no se teñan recibido nos 15 días hábiles posteriores á data da realización da reserva.
Sen este requisito non se considerará firme a reserva.
Envío de obras e entradas
A partir do 25 de xaneiro de 2017
Contacto
Mª Teresa Amado: tfn. 981 56 31 00, ext. 11888 (de luns a xoves de 10:00 a 11:00)
Addendum:
Os alumnos que asistan ao festival da Coruña e estean interesados en facer unha visita ao Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón ou aos museos científicos (Casa dos peixes, Planetario, Domus, teñen entrada gratuíta grazas á xestión que fixemos co concello da Coruña. A reserva hai que facela a través de Ricardo Martín (*protected email*).
Unha suxestión:
Como hai centros que non teñen alumnos dabondo para encher un autobús, suxerimos que, antes de facer a reserva, vos poñades en contacto con centros próximos para coincidir na data e así compartir gastos de transporte.
Animámosvos unha vez máis a traer os vosos alumnos, pois sen eles e sen vós o festival non ten nin sentido nin futuro. Estamos seguros de que o acolleredes co entusiasmo de sempre.
Un saúdo cordial
SEEC Galicia