-
-
»
O OLMO DOS FALSOS SOÑOS
O crudo inverno esmorece coa agradable chegada da primavera e a brisa do oeste.
Xa a Venus de Cerigo rexe o concerto de danzas á luz da lúa e as Gracias coas Ninfas
bailan cadenciosas. É a hora de coroar a cabeza de mirto e flores.
A pálida morte pisa co mesmo pé as chozas dos pobres e os palacios dos ricos.
A cisma da vida breve néganos toda esperanza.
(Adaptación de Horacio, Odas, 1,4 )

Pracer de homes e deuses, propicia Venus: debaixo da bóveda do ceo
multiplicas os peixes do mar e fecundas as terras frutíferas; grazas a ti
todo animal é concibido. Cando ti chegas, foxen os nubrados, dáche
suaves flores a terra, as chairas do mar contigo rin, e brilla con luz
intensa o claro ceo.
Na hora que a galante primavera descobre o seu rostro e o Favonio
desatado robustece o seu fecundo alento, as lixeiras aves cantan
a túa benvida, deusa, porque co amor traspasaches os seus peitos:
polos alegres prados retozan os gandos ardentes, prendidos do feitizo
das túas grazas morren todos os seres por seguirte
a onde queres guialos, deusa.
Nos mares e nas serras, nos bosques frondosos das aves,
no medio dos ríos desbordados e dos campos que verdecen,
enchendo os seus peitos de brando amor,
fas que as especies se propaguen. Soberana da natureza,
non hai sen ti contento nin beleza.
LUCRECIO, Da natureza das cousas. 1, 1 e ss.
Trad. José M. Otero
LECTURAS PARA DÍAS MORNOS
-
-
»
O OLMO DOS FALSOS SOÑOS

EN MARZO CERTOS ASUNTOS
DE AMOR ENTRE MARTE E
A VESTAL
Ven aquí, Marte guerreiro, deixa a un lado a lanza e o escudo e libera a túa cabeleira do casco brillante. Minerva promove guerras, pero tamén se ocupa de artes nobres.
Ovidio, Fastos III, vv.1 e ss.
Paseabas sen casco á sombra amena dos salgueiros, coas túas guedellas roxas ó aire, presentindo a primavera sagrada; esculcabas os gromos das árbores e as plantas, despreocupado da lanza e o escudo, cando a sacerdotisa de Vesta te conquistou para que lle deses a este pobo, que agora chamamos Roma, a semente da que naceu a gran cidade.
Por que non empezar a falar de quen pola súa beleza cativou a un deus? A vestal Silvia, despois de coidar do lume no templo de Vesta, como era a súa obriga, baixou unha mañá a buscar auga coa que purificar os obxectos de culto. Por un carreiro de suave pendente camiña ata o río. Sobre a súa cabeza, axustada sobre un pano moído, levaba unha ánfora de barro que, ó chegar, pousa na herba; incomodada polo peso e o calor, repousa mentres pon en orde o seu cabelo desamañado. Exhausta, senta no chan, afrouxa o vestido e, co peito ó aire, abandónase á brisa que lle regalaban a frescura das árbores e a auga do río.
Sentada como estaba, á sombra dos salgueiros, os chíos dos paxaros e o murmurio monótono das augas invitárona ó sono. Silenciosa como un ladrón, a branda quietude esvarou polos seus ollos vencidos, e a man na que apoiaba a cabeza quedou no aire, sen forza, débil como un xunco, e o seu queixo, desprotexido, cun aceno de mol inseguridade. SEGUIR LENDO: ASUNTOS DE AMOR E GUERRA
José M. Otero
-
-
»
O OLMO DOS FALSOS SOÑOS

O caos, o rebumbio, o aceno comunal de poñer o mundo do revés, a desorde diabólica, en dúas palabras, constitúe un elemento común a todas as festas que durante séculos organizaban o tempo do solsticio de inverno ou o que podería ser o tempo ritualizado dun novo ciclo anual. A liturxia da Igrexa, que tanta importancia ten na adecuación dos rituais paganos ós estrictos modelos da relixión dominante, emprega, para denominar este período litúrxico, a significativa expresión de Tempo Ordinario; unha denominación intranscendente que contrasta coa fondura espiritual que suxire a de Tempos Fortes de Nadal e Coaresma.
Na Festa do Asno (ó longo a Idade Media ata o século XV celebrábase o 14 de xaneiro), este animal, do que o simbolismo propiamente diabólico é ben coñecido en todas as tradicións, é conducido ata o presbiterio dunha igrexa onde, nun lugar de honra, recibe mostras de veneración (K. Jung, entre outros, tenta desvelar a complexidade significativa do asno relacionándoo coa forza interna do mal e co poder inconsciente da culpa. Por iso, desde unha perspectiva onírica, interpreta a aparición da figura do asno en determinados soños como portadora de destrución e morte, a representación da totalidade do mal).

Igualmente resulta ilustrativa, para o que queremos subliñar, a Festa dos Loucos (tamén chamada a Festa das Calendas por se celebrar o primeiro de ano fundamentalmente, desde a Idade Media ó século XVI, momento no que foi prohibida), durante a cal o clero menor entregábase ós peores improperios, parodiando a xerarquía eclesiástica e a liturxia mesma. Os tolos ían disfrazados cunha careta que reproducía esaxeradamente as orellas dun asno (Referencia satánica).
Non deixa de sorprender que nunha época tan estricta coa regulación canónica e o control dos seus fieis por parte da Igrexa estas parodias con certo aroma a sacrilegio fosen non son permitidas senón tamén oficialmente aprobadas.
Se botamos unha ollada máis atrás no tempo, as Saturnalia romanas, das que o Carnaval actual resulta ser unha tímida sombra, deixan entrever certos trazos diabólicos: os escravos daban ordes e servían ós amos. Recreaban deste xeito un mundo do revés onde todo sucedía de forma contraria ás relacións cotiás habituais. Aínda que hai investigacións que ven neste ritual o retorno a mítica Idade de Ouro quizais resulte maís preciso interpretalo como a representación primordial da indiferenciación das funcións sociais, na mediada que fose posible en cada momento histórico, ou unha inversión das relacións xerárquicas, o que constitúe unha das máis significativos trazos do maléfico. En definitiva, é maís doado descubrir a face máis sinistra de Saturno, non a do deus da Idade de Ouro, civilizador, senón a do deus caído, deposeído do poder; un aspecto maléfico cíclico que non invalida o seu aspecto benéfico.

A vivencia das Saturnais ofrecería unha fórmula que permitiría satisfacer as inclinacións máis baixas do ser humano caído, esas que o obrigan a sacar ó exterior os instintos máis elementais da súa natureza. Non lle demos máis voltas, estamos diante dun instrumento que permite dar canle a esas paixóns de por si incontrolables e facelas inocuas socialmente ó darlles a ocasión de que se manifesten nun periodo moi limitado de tempo, en determinadas circunstancias e baixo uns estrictos límites que xamais deberían ser traspasados. De non ser así, estas mesmas paixóns, ó non ser satisfeitas, estourarían irremediablemente poñendo en perigo a existencia individual e colectiva, dando lugar a un balbordo de consecuencias bastante máis serias e imprevisibles. Son días regulados e reservados con este propósito canalizador. Son días que, ó estar considerados fóra do normal curso da vida, non van exercer ningunha mala influencia, nin tampouco hai nada que non estea previsto neles. Ata certo punto normalizan o desorde e integrano dentro dun orde total.

Certos riscos que descubrimos nas máscaras confirman definitivamente todo o que ata aquí levamos exposto. As máscaras subliñan xeralmente o horripilante, mesmo a fealdade, cando evocan formas de animal ou de demo, de tal xeito que son como a expresión material da peor/diabólica natureza do ser humano. Ademais cada persoa, sen ser consciente, escollerá bastante naturalmente entre aquelas máscaras que mellor concorden coa súa forma de comportarse. A máscara, que sería un modo de disfrazar o verdadeiro rostro individual, acaba por ser a evidencia reveladora, unha inversión, unha verdadeira falsificación satánica de todo aquilo que o seu portador/a está obrigado a disimular, os instintos máis básicos e vergoñentos.
Bibliografía:
René Guénon, Symbols of Sacred Science. (2004)
Mircea Eliade, Tratado de Historia de las Religiones. Morfologia y dialéctica de lo sagrado. (2009)
Mircea Eliade, El mito del Eterno Retorno. (2011)
Caro Baroja, El Carnaval. (1989)
José M. Otero
-
-
»
O OLMO DOS FALSOS SOÑOS

Desde os lupercos ós peliqueiros,
cigarróns, felos, borralleiros,
troteiros e outros Entroidos
As manifestacións do Entroido que ata hoxe coñecemos manteñen rituais e celebracións que nos remiten a formas e moldes moi antigos (Festas dionisíacas, Saturnais, máis tarde xa na Idade Media as Festa do Asno e a Festa dos Loucos), aínda que as transformacións relixiosas, sociais e políticas e mesmo estéticas so permitan entrever só pegadas case borradas. Uns rituais xiran arredor de preocupacións sociais (Saturnais: liberdade de escravos, regalos, banquetes), e outros arredor do que sería a base da economía pastoril: purificación e fecundidade, tanto de mulleres como do gando, e consecuentemente de preservación do gando dos animais silvestres hostís (Lupercalia).
Na terceira aurora que seguía ós idus (13) de febreiro (tendo en conta a contabilidade inclusiva, o 15 de febreiro) na cova Lupercal, no outeiro do Palatino, comezaba a festa co sacrificio dun cabrón e un can , ofrecíanse tamén tortas de fariña feitas polas Vestais con trigo da última colleita.
Seguía a esta cerimonia un ritual que relata Plutarco: “ Dous mozos patricios son conducidos ó lugar do sacrificio. Uns mánchanlle a fronte de sangue co coitelo do sacrificio, mentres outos llo limpan con la mollada en leite, inmediatamente os mozos rompen a rir. Cumprida esta cerimonia, despois de facer tiras coa pel do cabrón sagrado, os lupercos corren espidos, cubrindo minimamente a cintura e azoutando a todo aquel que atopan no seu paso. As mozas non deben escapar ós seus azoutes xa que era crenza que son eles os que propiciarán a concepción e axudarán na hora do parto. PARA SEGUIR LENDO: LUPERCALIA
José M. Otero

Peliqueiros en Laza (Ourense) Fot. Ana Mª Martínez
LECTURA COMPLEMENTARIA: NORBERT ROULAND
Laureles de ceniza. Ed. Edhasa 1990. Páx: 41-43.
PARA LER PICA AQUÍ : Laureles de ceniza
-
-
»
O OLMO DOS FALSOS SOÑOS


Februus, -a, -um: ‘que purifica’, ‘purificador’. Antigo adxectivo da lingua relixiosa, de orixe sabina. Personificado Februus ven dar no nome dunha divindade infernal, Plutón: Februus autem est Ditis pater cui eo mense sacrificabatur. [Februo é Plutón, o deus a quen neste mes se lle facían sacrificios] Servio, G. 1,43
Lustrari…eo mense civitatem necesse erat, quo statuit [Numa] ut iusta Dis Manibus solverentur [Neste mes, no que Numa decretou que se tributasen honores ós deuses Manes, era necesario que se purificase a cidade]. Macr. Sat. 1,13,3.
Februa é un epíteto de Xuno, derivado do nome da esposa de Februus. O neutro februum emprégase co sentido de purgamentum da ofrenda purificatoria, e en particular do sal quente: Lupercalibus salem calidum ferunt, quod februum apellant.

O sal sempre se considerou unha pedra sagrada (por ser a única pedra comestible, pola capacidade conservante, pola súa cor branca) empregada nas cerimonias de maxia e relixiosas para expulsar do corpo os demos e os malos espíritos.
As festas Lupercais celebrábanse en Roma o 15 de febreiro. Neste ritual o sacerdote tocaba a fronte dos mozos cun coitelo manchado do sangue das vítimas sacrificadas, de seguido limpábaos cunha piola de la empapada en leite; estes mozos escollidos, de súpeto, botaban a rir con gran estrondo e de seguido dá comezo unha procesión durante a cal van azoutando coas tiras de pel do animal do sacrificio as mulleres que se lle achegan co propósito de ser parte deste rito de fecundidade. Hai investigadores que ligan a festa cristiá da Candelaria do 2 de febreiro coas Lupercalia (candelas, danzas, mascaradas).
Februarius, mes das purificacións: februarius mensis dictus, quod tum, i.e. extremo mense anni, populus februaretur, i.e. lustraretur ac purgaretur P.F. 75,23 [Este mes chámase febreiro porque, ó ser o último mes do ano, a xente purificábase ou, o que é o mesmo, limpábase e purgábase]
Parece, tal como lemos en Ovidio, que varias cerimonias de orixes diferentes se mesturan e confunden nestes rituais purificadores de febreiro: unha cerimonia de lustratio, sacrificios expiatorios ás divindades infernais (o mes de febreiro estaba dedicado ós Manes (Ánimas) e un rito de fecundación (Lupercais).

“Os antepasados romanos chamaron februa ós instrumentos de purificación. Moitos indicios dan fe desta palabra. Os pontifices pídenlle ó rei e ó flamen unhas las que na lingua dos antigos recibían o nome de februa; as tartas tostadas e o sal que recolle o lictor para purificar as casas despois de varrelas denomínasen tamén februa. O ramallo de árbore que cobre as castas tempas dos sacerdotes chámase igual. Eu mesmo vin cos meus propios ollos como a muller dun flamen solicitaba os februa, e lle deron un ramallo de pino. En fin todo aquilo co que purificamos o noso corpo recibía este nome entre os nosos barbudos avós. O mes recibe este nome dos februa, ben porque os Lupercos cortan unha pel e limpan todo o chan empregándoa como instrumento de purificación, ben porque o momento é puro xa que se fixeron ofrendas de paz ós sepulcros e xa pasaron os días dedicados ós mortos.”
OVIDIO, Fastos II, 19 e ss.
José M. Otero
-
-
»
O OLMO DOS FALSOS SOÑOS
XANO, O SEÑOR DOS TRES TEMPOS O deus Xano é propiamente o ianitor que abre e pecha as portas do ciclo anual coas chaves que son un dos seus principais atributos. Será imprescindible non perder de vista ó simbolismo axial das chaves, que ten que ver co sentido temporal do simbolismo de Xano, as súas […]
-
-
»
O OLMO DOS FALSOS SOÑOS
Leuconoé probablemente sexa un nome suposto, se nos deixamos levar polo seu sentido etimolóxico, λευκòν νοῦν, espírito cándido, simple, débil, persoa fráxil. A superstición oriental, a astroloxía estaban de moda en Roma, especialmente entre as mulleres. (Ver L.F. ALFRED MAURY, La magie et l’astrologie dans l’antiquité et au moyen age. Cap.IV, páx. 70-85) Que non […]
-
-
»
O OLMO DOS FALSOS SOÑOS
Nas Odas o pensamento de Horacio, a súa melancolía, o seu sentido epicúreo da vida, a súa incredulidade e desconfianza, a renuncia ás grandes ambicións son obxecto da súa contemplación artística; os principios da aurea mediocritas, de se contentar con pouco, de reter o momento que foxe, de esperar sempre a morte transfórmanse en efusións […]
-
-
»
O OLMO DOS FALSOS SOÑOS
Ut paulum auscultes, te rogo, quisquis ades (Escóitame, por favor,…) Cando corrían os últimos anos do século XVIII, escoitábanse pola Francia os sons tristes dunha canción chea de melancolía e un tanto misteriosa que anunciaba a morte de Mambruck, que en realidade era o Duque de Marlborough, John Churchill, un noble militar cun exitoso e […]
-
-
»
O OLMO DOS FALSOS SOÑOS
Chega a canícula en xullo como un tirano inmisericorde, o calor cae a plomo e abafa como a chama dun soplete, de fóra chega o estridente rechouchío das cigarras noctámbulas, esgólanse os corpos amallados e débiles, a pel reseca pola calina procura desesperadamente frescura, a lingua áspera a auga dunha fonte, Sirio abrásanos as cabezas, […]
-
-
»
O OLMO DOS FALSOS SOÑOS
O lume devastador purifícao todo e, ó quentalos, quítalles a ferruxe ós metais, por iso purifica o caporal e as ovellas. ¿Ou é porque a auga e o lume, dous deuses discordantes, sendo a orixe contradictoria de todas as cousas, os nosos pais xuntaron eses elementos e consideraron apropiado someter o corpo ó lume e […]
-
-
»
O OLMO DOS FALSOS SOÑOS
“A estrela vixiante da mañá chega desde as augas orientais. Ide, boas nais, e ofrecede as tortas de dourado cereal á deusa Ino de Tebas. Pegada ás pontes, e preto do Circo Máximo, hai unha chaira que chaman foro Boario. Contan que alí o día once de xuño o rei Servio inaugurou un templo dedicado […]
-
-
»
O OLMO DOS FALSOS SOÑOS
SUPERHÉROES GRIEGOS Fernando Lillo Redonet. Superhéroes griegos. Con Ilustraciones de Alejandro Valverde García. Ed. Tilde. Valencia 2016 En las páginas de este nuevo libro habitan los héroes del universo imaginario de la infancia y de la adolescencia de quien lo escribe, y de la de muchos de nosotros también. Son historias que leídas con inteligencia […]
-
-
»
O OLMO DOS FALSOS SOÑOS
VERSOS PARA DIAS DUN MAIO EFÉMERO “Baño, viño e Venus desgastan o corpo, pero son a verdadeira vida”. Proverbio latino Que non se che ocurra averiguar, sabelo é ilícito, que final/ a ti, Leucónoe, e a min os deuses nos teñen reservado, nin ouses/ consultar os números babilonios. Mellor será facer fronte ó que veña!/ […]
-
-
»
O OLMO DOS FALSOS SOÑOS
“Eu era Cloris, aínda que agora me chame Flora. Unha letra grega do meu nome corrompeuse no termo latino. Era Cloris, ninfa das chairas felices, onde sabes que antes homes afortunados tiñan o seu medio de vida; modesta como son resúltame incómodo expor a beleza que me adornaba. Pero esa beleza deulle á miña nai […]
-
-
»
O OLMO DOS FALSOS SOÑOS
“Cando descubran as cinzas de Capys, un descendente de Iulo morrerá a mans duns familiares, pero non tardará en ser vingado polas desgrazas de Italia“. [Contido dunha prancha de bronce que se atopou na tumba escavada de Capys] Suetonio Relata Suetonio na “Vida dos doce Césares” un rumor que corría por toda Roma como […]
-
-
»
O OLMO DOS FALSOS SOÑOS
MEDEA DE SÉNECA: PRESENTACIÓN
-
-
»
O OLMO DOS FALSOS SOÑOS
Ven aquí, Marte guerreiro, deixa a un lado a lanza e o escudo e libera a túa cabeleira do casco brillante. Minerva promove guerras, pero tamén se ocupa de artes nobres. Ovidio, Fastos III, vv.1 e ss. Paseabas sen casco á sombra amena dos salgueiros, coas túas guedellas roxas ó aire, presentindo a primavera […]
-
-
»
O OLMO DOS FALSOS SOÑOS
As manifestacións do Entroido que ata hoxe coñecemos manteñen rituais e celebracións que nos remiten a formas e moldes moi antigos. Uns xiran arredor de preocupacións sociais (Saturnais: liberdade de escravos, regalos, banquetes), e outros arredor do que sería a base da economía pastoril: purificación e fecundidade, tanto de mulleres como do gando, e, consecuentemente, […]
-
-
»
O OLMO DOS FALSOS SOÑOS
Februus, -a, -um: ‘que purifica’, ‘purificador’. Antigo adxectivo da lingua relixiosa, de orixe sabina. Personificado Februus ven dar no nome dunha divindade infernal, Plutón: Februus autem est Ditis pater cui eo mense sacrificabatur. [ Februo é Plutón, o deus a quen neste mes se lle facían sacrificios] Servio, G. 1,43 Lustrari…eo mense civitatem necesse erat, […]
-
-
»
O OLMO DOS FALSOS SOÑOS
Felix/Felicitas: felix, que produce froitos, fecundo (= Ferax), fértil. Felix especializouse no senso de ‘favorecido polos deuses’ e tamén ‘favorable ou propicio’; felicitas, fecundidade, fertilidade, e, sobre todo, felicidade. (Ernout/Meillet) “¿por que se din palabras de bo agoiro nas túas calendas, e expresamos e recibimos desexos recíprocos?” Entón o deus, apoiándose no bastón que levaba na súa dereita, […]
-
-
»
O OLMO DOS FALSOS SOÑOS
Acto de presentación do volume Medea de Lucio Anneo Séneca. Edición bilingüe latín-galego. Introdución, tradución e notas de José M. Otero, Editorial Toxosoutos, Noia 2016 (Serie Esmorga) Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela: Salón de Graos Mércores, 18 de xaneiro de 2017, 12:00 horas Intervirán: José Carracedo Fraga, presidente da Sección Galega da Sociedade […]
-
-
»
O OLMO DOS FALSOS SOÑOS
Como un conto de Nadal e Aninovo Annum novum faustum felicem vobis! E digo eu, por que, Xano, aínda que calme os manes dos outros, che ofrezo primeiro a ti incenso e viño? “Para que poidas, grazas a min, que gardo as entradas, ter acceso a todos os deuses que queiras”, responde. “E por que se […]
-
-
»
O OLMO DOS FALSOS SOÑOS
Ai, como pasa o tempo! “Eheu (ai!), como oimoi, é máis un suspiro que unha palabra, hai que pronuncialo en voz alta, ei-he-u, para comprender a súa forza, unha expresión visceral de pesar, que agroma do fondo do ser, das entrañas do ser humano, das profundidades da terra á onde todos iremos .” Harry Eyres […]
-
-
»
O OLMO DOS FALSOS SOÑOS
O destino inexorable do home atempérase cos praceres efémeros. Un xogo entre o desánimo e a afirmación. “Aurea mediocritas”, o punto medio entre o éxito e a miseria, o temor e a insolencia. Lémbrate, Delio, de manter o ánimo sereo no infortunio, na felicidade controlar a insolente ledicia, pois vas morrer xa vivas agoniado cada momento da […]
-
-
»
O OLMO DOS FALSOS SOÑOS
Non houbo poeta que mellor coñecese o prezo da felicidade que Horacio, e ben sabía que non está na man de calquera conseguila, porque só é accesible a unha minoría. A vida axitada da urbe só lle produce desprezo a quen busca nunha pequena casa de campo da Sabina a tranquila felicidade. Si, ten un […]
-
-
»
O OLMO DOS FALSOS SOÑOS
A MEMORIA DOS MORTOS NA ANTIGA ROMA É sinal de respecto aplacar as almas dos nosos pais e levar/ pequenas ofrendas ás tumbas e tamén ás piras que se lles erixen./ Os manes piden pouco. É agradecida a piedade en vez dunha abundante/ ofrenda. A Estixia sin fondo non ten deuses avaros./ É de abondo […]
-
-
»
O OLMO DOS FALSOS SOÑOS
-
-
»
O OLMO DOS FALSOS SOÑOS
TODO ACABA: NON PERSIGAS O QUE FOXE Pobre Catulo, déixate de parvadas, e o que ves que se perdeu dáo por perdido. Brillaron para ti unha vez días serenos, cando pisabas por onde a túa moza te guiaba, a quen amei como ningunha será amada, había alí entón moito gozo que ti desexabas e ela […]
-
-
»
O OLMO DOS FALSOS SOÑOS
“Os antigos relacionan autumnus, con augere (acrecentar); así P.F. 21, 27: autumnum quidam dictum existimant quod tunc maxime augeantur hominum opes, coactis agrorum fructibus” [Hai quen pensa que o outono recibe ese nome porque, despois da colleita, os homes se enriquecen] Esta é a folla que na fronda da tristura mesta en terra de Bea […]
-
-
»
O OLMO DOS FALSOS SOÑOS
Corría o setembro casi outonal do ano 1980, conducía o meu coche de A Coruña a Padrón, despois dun ano de opositor anacoreta afastado do mundo e das súas frívolas tentacións. No Instituto de Bacharelato C.J. Cela esperábanme adolescentes bachareles curiosos por ver se os clásicos de Grecia e Roma ían ser como sempre, una natureza […]
-
-
»
O OLMO DOS FALSOS SOÑOS
Adaptación de OVIDIO, Ars amandi, II, 638-696 Se hai alguén nesta terra que non coñeza as artes do amor, que me lea, e unha vez instruido, ame. Con arte debe Amor ser gobernado. Ovidio, Ars Amandi, I, 1 e ss. Hoxe proclamamos a bombo e prato a nosas aventuras nocturnas e págase ben só […]
-
-
»
O OLMO DOS FALSOS SOÑOS
As falcatruadas e amoríos de Zeus eran un díxome-díxome entre as divindades do Olimpo. A súa irritable esposa Hera, agoniada e molesta xa de que o corro celestial de murmuradores falasen polo baixiño, volvérase, a máis de revirada, unha consumada virtuosa da arte da vinganza. O deus fulgurante andaba agora entolecido pola feitizo […]
-
-
»
O OLMO DOS FALSOS SOÑOS
Polas últimas fronteiras da Libia, onde a abrasada terra linda co Océano, chamuscada polo sol que afonda nel cada día, estendíanse amplamente os inaccesibles campos da Medusa, a filla de Forcis, desprovistos da sombra de arborados bosques, xamais removidos por ningún arado, máis ben ourizados de rochas nacidas da mirada letal da súa […]
-
-
»
O OLMO DOS FALSOS SOÑOS
Había uns paxaros moi voraces que non son as Harpías, que emporcallaban a comida do cego Fineo, aínda que se sabe que descenden delas. Teñen cabeza grande, uns ollos que te cravan, peteiros apropiados para raspiñar, plumas brancas e uñas como anzoles. Voan de noite e atacan ós nenos mentres a ama de cría anda […]
-
-
»
O OLMO DOS FALSOS SOÑOS
O lume devastador purifícao todo e, ó quentalos, quítalles a ferruxe ós metais, por iso purifica o caporal e as ovellas. ¿Ou é porque a auga e o lume, dous deuses discordantes, sendo a orixe contradictoria de todas as cousas, os nosos pais xuntaron eses elementos e consideraron apropiado someter o corpo ó lume e […]
-
-
»
O OLMO DOS FALSOS SOÑOS
“A estrela vixiante da mañá chega desde as augas orientais. Ide, boas nais, e ofrecede as tortas de dourado cereal á deusa Ino de Tebas. Pegada ás pontes, e preto do Circo Máximo, hai unha chaira que chaman foro Boario. Contan que alí o día once de xuño o rei Servio inaugurou un templo dedicado […]
-
-
»
O OLMO DOS FALSOS SOÑOS
VERSOS PARA UN DES-MAIO EFÉMERO “Baño, viño e Venus desgastan o corpo, pero son a verdadeira vida”. Proverbio latino Tu ne quaesieris (scire nefas) quem mihi, quem tibi finem di dederint, Leuconoe, nec Babylonios temptaris numeros. Vt melius quicquid erit pati! Seu pluris hiemes seu tribuit Iuppiter ultimam, quae nunc oppositis debilitat pumicibus mare 5 Tyrrhenum, […]