17086 items (1 unread) in 422 feeds
Na miña condición de profesor das materias Latín I e Latín II dou en primeiro lugar a benvida ao estudio desta materia aos alumnos de nova incorporación. Aos matriculados en cursos anteriores, saúdos moi cordiais. Permítome realizar algunhas recomendacións que serán en calquera caso, de utilidade a todos os alumnos da materia Latín II
OBXECTIVO XERAL DO CURSO
O curso de Latín II busca como principais obxectivos didácticos os seguintes:
Coñecemento xenérico da estrutura morfosintáctica do latín e do seu léxico, con aplicación á tradución de textos sinxelos á lingua de uso do alumno.
Coñecemento xenérico do sistema literario latino.
Coñecemento dos trazos básicos da toponimia galega e a súa evolución.
Coñecemento das principais estruturas de latinismos de uso usual na lingua oral e escrita.
MATERIAIS DE ESTUDIO
Non hai libro de texto. A materia impartirase por medio de apuntamentos e exercicios elaborados polo profesor, complementados co diverso material do blog de aula.
En caso de que algún alumno non teña acceso a internet ou haxa algunha dificultade para conseguilo, no servizo de reprografía do IES estará o material correspondente a indicar curso e materia.
En calquera caso, tamén é conveniente e útil consultar calquera libro introductorio de Latín ou algunha gramática sinxela para repasar conceptos de morfoloxía e sintaxe básica, polo menos durante o primeiro trimestre. O profesor ten a disposición de todos os alumnos manuais e material para elo.
Este curso necesitarase un dicionario de latín dende o primeiro momento. O profesor explicará o axeitado uso do dicionario, que deberá traerse sempre á clase, xunto co resto do material que se vaia indicando e proporcionando.
METODOLOXÍA, ACTIVIDADES E AVALIACIÓN
É moi importante o traballo continuado nesta materia: Será o mellor xeito de obter bos resultados se se procede a un estudio e traducción diarios e constantes.
Nas clases o profesor atenderá fundamentalmente á explicación dos contidos arriba expostos e a prácticas constantes de tradución. Calquera consulta ou dúbida pode realizarse por correo electrónico ou na sección de comentarios do blog. Atenderanse titorías individualizadas todos os recreos, logo de cita.
Para comezar o curso de Latín II de modo axeitado, é fundamental repasar os apuntamentos do curso anterior, ou en calquera caso, un manual introdutorio da materia. De tódolos xeitos, as primeiras semanas farase especial fincapé no repaso e análise do sistema gramatical latino de forma que o alumnado que non cursou o nivel introdutorio poida incorporarse con éxito ao estudio dos contidos da materia.
Determinadas actividades e traducións serán de entrega obrigatoria e a súa resolución suporá un 25% da nota de avaliación. Haberá un exame por avaliación. O aprobado no exame supón a recuperación automática das avaliacións ou niveis anteriores.
O descubrimento da familia lingüística indoeuropea foi por tanto, un dos principais avances da Lingüística moderna e fundamental para a evolución da disciplina dende o século XIX ata a actualidade.Unha lingua é falada por unha comunidade concreta nun lugar concreto. Os lingüistas estableceron que esta lingua indoeuropea común debía falarse arredor de 5000 anos antes de Cristo, o máis posible, nas extensas estepas do Sul de Rusia, por un pobo seminómada que se extendeu durante séculos pola Europa Danubiana e polo leste ata a India. Esas migracións a súa vez provocaron outras. O proceso de expansión do indoeuropeo e terriblemente longo, complexo e moi difícil de establecer. En calquera caso somos capaces de reconstruir algúns rasgos do que debeu ser esa lingua indoeuropea común e con eles, saber algo máis do pobo que debeu falalo. Toda esta reconstrucción nos fai asomarnos á prehistoria de Europa dun xeito tan evocador e fascinante como
Sobre as costas occidentais, ao sur da planicie do Arno, a cunca do río Tíber, que desemboca no mar Tirreno máis ou menos ao centro da costa italiana, delimita ao sur a zona do Lazio entre o Tíber e o golfo de Nápoles seguida da Campania.Os territorios das planicies do Po, do Arno e do Tíber, todos eles sumamente fértiles, eran propicios para as actividades agrícolas; en cambio nas costas do mar Adriático, os Apeninos achéganse ao mar, determinando un territorio sumamente abrupto e rochoso, pouco axeitado para a agricultura, polo cal a Aveseda e o Samnio foron habitados por pobos dedicados a actividades pastoriles, que permanentemente ambicionaron apropiarse dos fértiles territorios do Lazio e a Campania.As costas italianas do centro e do sur están dotadas duns poucos pero excelentes portos naturais sobre o mar Tirreno, como os das actuais cidades de Xénova e Nápoles, que xa tiveron importancia no Mundo Antigo; permitían facilmente as actividades marítimas; en tanto que o clima, sobre todo ao sur do Tíber, resultaba morno e confortable.As grandes illas próximas á península itálica, Córcega, Sardeña, e sobre todo Sicilia constitúen unha prolongación da península que se proxecta cara ás costas do norte de África; A illa de Sicilia, pese ao seu clima cálido, está dotada de fértiles chairas que a fixeron moi poboada dende época prehistórica. A súa posición estratéxica no Mediterráneo definiu a súa importancia histórica.
aunque en todo caso no fue hasta el 358 a. C. cuando oficialmente se erigió en ciudad cabeza de la Liga.No sólo las poblaciones del Lacio acreditaban un origen y unos lazos comunes. De hecho, la lingüística y la arqueología ha demostrado que otras poblaciones itálicas del centro, como sabinos, oscos y umbros, acreditan un similar origen indoeuropeo, quizá en relación con la cultura que la arqueología ha identificado como de "campos de urnas", que se difundió desde el norte por la Italia centro-meridional, dando origen, en la península, a la Cultura de las Terramaras, en el Valle del Po, o a la Vinalloviana, en la Toscana. Pero en cualquier caso, la indoeuropeización se hizo en oleadas sucesivas sobre todo alrededor del primer milenio antes de Cristo, dado que entre el grupo itálico los lingüístas han demostrado diferencias sustanciales entre grupos de lenguas, como el osco-umbro, por un lado, y el latino-falisco, por otro. Así el latín, como tal lengua, presenta peculiaridades que lo acercarían más a determinadas ramas de la familia indoeuropea como la de las lenguas célticas.Aquí tienes las intrucciones para añadir a tu blog el botón de adhesión a Χείρων·Chiron.
